116 aniversario da primeira interpretación solemne do Himno Nacional Galego no Gran Teatro da Habana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Desde a Plataforma Social “Vía Galega” e Federación “Galiza Cultura” queremos convidar a toda a cidadanía da comarca de Ourense a un acto que terá lugar o mércores, 20 de decembro ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa Sindical, sito no parque de S. Lazaro, 12 (Ourense).
No que se conmemorará o 116 aniversario da primeira interpretación solemne do Himno Nacional Galego no Gran Teatro da Habana. Este fito histórico, tan relevante, non podía pasar desapercibido para Vía Galega e Galiza Cultura pola importancia que o himno, como símbolo nacional, ten para fortalecer a nosa autoestima e para cohesionarnos colectivamente. O himno galego. identifícanos e representanos como nación. Como símbolo nacional amosa a nosa vontade de ser e existir como pobo, ao tempo que reclama o dereito a sermos libres.
Para celebrar esta efeméride e reclamar a restauración do himno conforme ao texto orixinal, creado por Eduardo Pondal, celebraranse simulneamente distintos actos en varias vilas do país.
Aquí en Ourensec contaremos coa actuación do Coro Universitario do Campus de Ourense “Schola Cantorum”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO