Este mércores comezan cinco días de cine da man das XOCIVIGA

O mes de decembro será un mes de cultura. Despois do FETEGA a pasada semana está a piques de comezar tamén as XOCIVIGA, Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia.

Mañá mércores comezarán, ás 11:30 horas, co filme “O Corno”, de Jaione Camborda, cuncha de ouro no festival de San Sebastián. Illa de Arousa, 1971. María é unha muller que se gaña a vida recollendo marisco. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos seus partos con especial dedicación e coidado. Despois dun suceso inesperado, vese obrigada a fuxir e comeza unha perigosa viaxe que a fará loitar pola súa supervivencia.

AVANTAR ACTIVIDADES

E pola tarde, ás 20:30 horas, Falcon Lake de Carlotte Le Bon. Bastien, un adolescente parisiense, pasa as vacacións coa súa familia nunha cabana xunto a un lago en Quebec. Alí coñecerá a Chloé, unha moza maior, da que se namorará. A pesar da diferenza de idade e dos medos de Bastien, desenvolven un vínculo especial, mentres exploran a súa sexualidade e a inquietante lenda da pantasma do lago.