Iago Tabarés “fronte aos orzamentos continuístas da Xunta presentados polo PP o BNG presenta un conxunto de propostas para mellorar a vida da veciñanza de Toén”
Toén, 17 de decembro de 2023. Iago Tabarés, deputado do Bloque Nacionalista Galego, e Beatriz Vidal voceira municipal do BNG de Toén deron a coñecer as enmendas que o BNG presentou aos orzamentos da Xunta de Galiza para mellorar a vida da veciñanza do concello de Toén.
A voceira municipal do BNG de Toén, Beatriz Vidal, facía especial referencia a dúas enmendas do BNG aos orzamentos da Xunta, unha destinada a crear unha praza de enfermería no centro de saúde do concello e que foi suprimida fai uns anos. Tal como sinala a voceira nacionalista, a grande dispersión poboacional e o envellecemento da poboación que caracterizan o concello de Toén fai que a carga de traballo para unha soa persoa en enfermería obrigue a deixar desatendido o Centro de Saúde en numerosas ocasións, incluso en situacións de urxencia, así como a pospoñer tratamentos por falla de persoal
Desde a organización nacionalista tamén se demandou incluír nos orzamentos da Xunta a dotación dun servizo de pediatría para atender as crianzas do concello, , informou Vidal, “na actualidade as familias vense na obriga de desprazarse a Ourense, ata máis de 15 km”. Beatriz Vidal sinalaba que “a atención médica dos nenos exixe un seguimento frecuente e continuado, moito máis nas primeiras etapas da vida, a maiores de ser un servizo imprescindible para o asentamento da poboación no rural.”
Os nacionalistas presentamos unha batería de enmendas a uns orzamentos continuístas , coa asusencia de proxectos específicos para Ourense, uns orzamentos continuístas coa ausencia de proxectos específicos para Toén, declaraba Iago Tabarés, que continuou a referirese ás enmendas do BNG como unhas mendas destinadas a mellorar a calidade de vida da veciñanza, a través da construción de vivendas para alugueiro social; enmendas destinadas a implementar o transporte metropolitano que permita as comunicacións entre os diferentes concellos da contorna de Ourense, unha vella promesa que continúa ser reiteradamente incumprida; enmendas destinadas a mellorar o trazado de vías, como a OU-402 ao seu paso por Alongos; enmendas destinadas a algo tan esencial como mellorar a calidade de vida, o benestar e a atención sanitaria da veciñanza deste concello como os sinalados pola voceira do BNG de Toén.