O Club Patinaxe Aehde O Carballiño celebra o venres 22 de decembro, dende as oito da tarde, no pavillón anexo Paco Chao, a súa tradicional Gala de Nadal na que tomarán parte preto dun cento de patinadoras do club, divididas nas seccións da escola, con dous grupos; os tres de patinaxe artística individual, o preshow e o show. O acto, que contará ca presenza de Papa Noel, arrancará la presentación de todas as patinadoras e rematará cun baile grupal. Haberá sorteos para o público e agasallos para os participantes.
Tecnificación con docentes relevantes
Por outra banda, e como remate dos actos de décimo aniversario da entidade, o club organiza unha tecnificación interna os días 27, 28 e 29 de decembro que contará ca participación de Jorge Méndez, profesor da Federación Internacional de Ximnasia e presidente do Flic Flac vigués, Marta Alonso Tejada, directora escénica, profesora de danza e coreógrafa e Lola Rodríguez, dietista-nutricionista, ademáis das adestradoras do Aehde Nieves González e Sandra Fumega e o preparador físico do club, Xurxo Vázquez.