O CPI Terras de Maside comeza as vacacións de Nadal celebrando as badaladas de fin de ano

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O colexio CPI Terras de Maside celebrou hoxe a gran festa de fin de trimestre na que se adiantaron ao final de ano e celebraron as badaladas na praza maior do municipio. Dende os máis cativos ata os maiores, todos desprazáronse para celebrar este último día, tamén disfrazados para a ocasión, acompañados de mestres, dirección do centro e tamén pais. Tamén o alcalde, José Manuel Iglesias, acompañounos nesta festa. Ademais, mozos e nenos de diferentes idades tamén fixeron bailes de Nadal e actuacións diversas. Visitaron o famoso Belén de Maside e tamén a residencia Casa Grande para ter un tempo especial cos maiores.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o centro educativo desexan que os cativos e todas as familias pasen unhas boas festas. Ademais de desfrutar tamén convidan a que haxa tempo para a lectura, entre outras actividades.