Dacón reúne a case un cento de veciños no seu Belén vivinte

A localidade de Dacón acolleu onte, luns o Belén Vivente que as veciñas e veciños desta localidade do municipio de Maside escenifican dende hai 36 anos na festividade do Nadal.

En total, este ano reuníronse un cento de veciños para a representación na ubicación na Carballeira da Garrida, voltando a congregar a centos de visitantes chegados dende diferentes puntos da comarca e da provincia. O neno Xesús, María e Xosé, pastores, xudeos, romanos e artesáns, entre outros, protagonizaron esta tradicional cita navideña.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende a organización, un grupo de veciños, están moi satisfeitos coa participación e coas axudas recibidas para poder levalo a cabo cada ano.