A maiores Paco tamén foi nomeado Secretario da Comisión de Adicións e Vogal en Sanidade, Función Pública e Comunidades Autónomas.
Os senadores ourensáns presiden as comisións de Despoboación e Reto Demográfico, Educación FP e Deportes e Dereitos das Familias
Una vez asignadas as novas responsabilidades do grupo popular na Cámara Alta
· Ademais destas responsabilidades, os catro senadores pola provincia de Ourense tamén participarán en máis dunha ducia de comisións que abranguen os máis diversos ámbitos, incuída a vicepresidencia de Xustiza
· Para os representantes ourensáns na Cámara Alta, a presidencia e vicepresidencia das citadas comisións constitúen unha “gran responsabilidade” ao formar parte dun proxecto político que non pensa só en clave nacional, senón tamén autonómica e local
22, decembro, 2023. Os representantes do Partido Popular no Senado pola provincia de Ourense presiden tres das comisións de traballo creadas na Cámara Alta, cada unha delas cun alto grao de incidencia polos temas a tratar tanto no territorio ourensán como no resto de Galicia.
A formación popular acordou que o senador por designación autonómica, Manuel Baltar, presida a Comisión de Despoboación e Reto Demográfico, ademais de formar parte da Deputación Permanente, órgano que cumpre as funcións da Cámara mentres está pechado o período de sesións ou disoltas as Cortes Xerais. Carmen Leyte estará á fronte de Dereitos das Familias, e Francisco José Fernández de Educación, Formación Profesional e Deportes. Rosa Sánchez exercerá o posto de vicepresidenta da Comisión de Xustiza.
Ademais destas responsabilidades, os catro senadores pola provincia de Ourense tamén participarán en máis dunha ducia de comisións que abranguen os máis diversos ámbitos.
Para os representantes ourensáns na Cámara Alta, a presidencia e vicepresidencia das citadas comisións constitúen unha “gran responsabilidade” ao formar parte dun proxecto político que non pensa só en clave nacional, senón tamén autonómica e local.
Manuel Baltar, Carmen Leyte, Francisco José Fernández e Rosa Sánchez forman parte do grupo que ostenta a maioría absoluta no Senado, polo que tamén axudarán a “canalizar a alternativa de goberno” que representa Alberto Núñez Feijóo.
A representación dos senadores ourensáns nas 31 comisións da Cámara Alta complétase do seguinte modo:
Manuel Baltar:
· Deputación permanente.
· Presidente da Comisión de Despoboación e Reto Demográfico.
· Vogal en Asuntos Exteriores; Asuntos Iberoamericanos; e na Comisión mixta Congreso-Senado sobre seguimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Carmen Leyte:
· Presidenta da Comisión de Dereitos das Familias.
· Vogal nas en Sanidade; Comisión Mixta da Unión Europea; Agricultura, Gandaría e Alimentación; e Peticións.
Francisco José Fernández:
· Presidente da Comisión de Educación, Formación Profesional e Deportes.
· Secretario da Comisión de Adicións.
· Vogal en Sanidade, Función Pública e Comunidades Autónomas.
Rosa Sánchez:
· Vicepresidenta da Comisión de Xustiza.
· Vogal en Educación, Formación Profesional e Deporte; en Economía Comercio e Empresa; en la Comisión Mixta do Tribunal de Contas.