Antonio Rodríguez Troitiño desgranou os pormenores da moción de censura presentada por Alfonso García Eiriz

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, ofreceu na mañá do 27 de decembro unha rolda de prensa para informar sobre a moción de censura presentada por Alfonso García Eiriz.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Antonio Rodríguez Troitiño explicou os motivos reais dunha moción de censura “legal, pero ilexítima”, na que a motivación principal é “sacarme do medio” para “retornar ao anterior réxime”.

Durante a súa intervención, o presidente da FGA aclarou todas as cuestións que están sobre a mesa nunha votación da moción de censura que terá lugar o día 10 de xaneiro as 20:00 horas en Lalín.

“Estamos ante unha moción de censura que penso que a ninguén colleu por sorpresa, porque é a culminación dunha dilatada operación de desgaste, de desestabilización, de fomento da crispación e de xeración de confusión que arrancou incluso antes de que no pasado mes de abril se producira o cese de Alfonso García Eiriz como secretario e vicepresidente por Ourense.

Estamos ante unha moción de censura destrutiva, sustentada en falacias e argumentos retorcidos, que só persegue un obxectivo: sacar do medio a Antonio Rodríguez Troitiño e ao seu equipo que trata de cambiar un statu quo e un réxime de funcionamento que levaba instaurado catro décadas.

O automobilismo galego, que despois dunhas eleccións certamente convulsas demandaba e necesitaba tranquilidade, estabilidade e unión, vese involucrado de novo nun ambiente enrarecido por culpa dunha moción de censura irresponsable, incoherente e suscrita por estranos compañeiros de cama, como se soe dicir.

Quero dicir con isto que aínda que a cabeza máis visible da moción de censura sexa Alfonso García Eiriz, e en segundo termo os 26 asinantes da mesma, o certo é que non son todos os que están nin están todos os que son; repito, non son todos os que están nin están todos os que son”.