Un familiar dedica unha canción aos traballadores do Centro Integral Alvetus

O traballo que realizan cada día o persoal dos centros xeriátricos e que coidan aos nosos maiores é encomiable. Tanto é así, que o familiar de dúas das residentes do Centro Integral Alvetus de Avión quixo renderlles unha homenaxe ás traballadoras que cada día fan que sexa especial para as persoas que alí residen.

Dende México, e de profesión cantante, elaborou unha canción, que puideron desfrutar dende o centro. Para el foi moi emotivo elaborar esta peza e tamén para as traballadoras recibir o cariño dos familiares dos residentes.

AVANTAR ACTIVIDADES