A espantosa realidade das cousas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Antón Jardón

Curriculum Antón Jardón

 

«A espantosa realidade das coisas / é a minha descoberta de todos os dias»

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

(Alberto Caeiro –heterônimo de Fernando Pessoa–, Poemas inconjuntos)

A iso da media mañá, un día tras outro, atopabámola no bar tomando café. Os que entraban saudábana movendo discretamente a cabeza. Ela correspondía cun «ola!, bo día!» e seguía ollando o xornal. Tiña o móbil aceso enriba da mesa, co volume baixo, para escoitar miles de veces Yolanda, de Pablo Milanés. Semellaba non lle prestar atención, mais cando chegaban as estrofas «Si he de morir, quiero que sea contigo / Mi soledad se siente acompañada», cantaruxaba canda o cubano e movía o corpo ritmicamente. Os que estaban no bar, a voltas co licor café e coas cervexas, case todos de pé e arrimados á barra, virábanse para lle reprochar a actitude, con espaventos e acenos desatinados. Salvo nós, ninguén sentaba a carón dela. Leriabamos un pouco de asuntos triviais, talvez porque malia a evidente empatía aínda non atinxiramos a confianza necesaria.

Iolanda marchara de moi nova a Barcelona para traballar de camareira –iso é o que dicían– e nunca regresara ata hai cousa de dous anos ao lle morrer a nai. E foi entón cando decidiu ficar na aldea. Seica era filla de solteira, e quizais fosen eses revirados pretextos os causantes daquel inxusto rexeitamento. A xente ten a cabeza moi retorta! Cada un é como é, todos estamos cheos de defectos, mais moitos trapelean sen saber de qué falan ou por  non estar calados. Son adictos á murmuración. Iolanda era a diana perfecta á que a todos gustaban de disparar. Uns non lle perdoaban que marchase abandonando a nai e outros reprochábanlle que volvese cando xa non tiña a ninguén aquí. Quen entende estes trapelos do carafio!

Cando topeneaba a tarde e o sol se precipitaba sobre o ocaso, sen faltar ningún día, asomábase ao mundo de novo, paseando coa súa cadeliña zura, que corría cara a adiante e cara a atrás, brincando de alegría, pletórica, cada vez que Iolanda lle dispensaba un aloumiño. Ao pasaren por diante da nosa casa, viámola desde a galería e, sen se deter, saudaba cun aceno e cun doce sorriso. Sempre ía exquisitamente peiteada, impecábel, con aquelas botas altas de plexiglás relucente que lle chegaban aos xeonllos para acrecentar a súa natural elegancia.

Hai máis dunha semana que non a vemos, nin no café nin paseando coa cadela. Preguntamos por ela no bar e todos engurran os ombreiros. Ninguén a estraña. Uns din que regresou a Barcelona, outros que está agochada preto de aquí; cada un conta o que lle peta.

Ao non termos razón dela, acordamos ir ata a súa casa. Antes de chamar, xa a vimos no sobrado ao pé da fiestra, descoidada, coa mirada perdida, tardando en notar a nosa presenza. Abriu a ventá, acenounos discretamente, sorriu un instante e ficamos impasíbeis observando como marchaba, entristecida. Uns días despois, Iolanda paseaba novamente coa cadela zura polas rúas de costume. Mais nunca volveu aparecer por aquel bar onde o barullo da xente só era un mar de silencio.

[Díxome o meu tío Lisardo que lera en Infamia, de Ledicia Costas: «A soidade era densa e asfixiante. Filtrábase polas paredes da casa coma un líquido que procura unha saída a través dun poro». Ao lle preguntar pola páxina enmudeceu un instante, para acabar respondéndome que era mellor non a lembrar]


Outros Artigos de Antón Jardón :

“Anatomía do frío que non cesa”

“Recompor a memoria. En galego, claro!”

“Que queremos ser, ‘anduriños’ ou pardaos?”

“As gloriosas fragancias da Gloria”

“O prezo dos servizos municipais (ou cando as comenencias suplantan ás necesidades)”

“Concellos galegos: un mundo que non muta nin se inmuta”

” Que longa e a noite e que fugaz é a luz! “

“Quiere una bolsita?”

” A lingua, a cultura e as andrómenas dalgúns alcaldes “

” Que é un alcalde de tarifa plana? “

” Concellos galegos ou concellos de Galicia “

” O regreso de Antón Tovar ás veigas durmidas “

” O espello convexo e os carneiros mochos”

Días de intemperie

Que tropa, que tempos…, que ventos!

Cartas sen selo: As fragrancias que nunca esvaecen

É a caligrafía, babeco!

Cando pretendes apalpar os sentires da noite

A dama da Lagoa, Xinzo, Carreira e nós

A insignificancia das cativezas

Don Alberto e a súa circunstancia

O que acontece é insignificante, o importante é o que nos contan

“Don Alberto, o home que perdeu o acento (que nunca tivo)”

“Tempos de pandemia e secura”

“O estado da nación / O estado da ficción”

“A insipidez minguante da esquerda cortesá”

” Don Alberto e a astroloxía luscofusquiana “

Aaai!, se as paredes falasen, don Alberto.

” Feijoo e a reconciliación coa familia (política) “

” O seu nome fede a pólvora queimada, excelentísimo señor! “

” Feijóo rebenta os freos ao atravesar ao Padornelo “

” Por que te vas, Alberto? “

” Contra o carnaval de Madrid, viva o entroido de Xinzo! “

” Cando as rogativas non dan acabado coa sequía “

” O desencanto de don Claudio “

” Don Claudio e o progreso “

” Vai moito frío en Penalonga “

” A matanza do tempo “

“Unha ovella na tulla do diñeiro”

” Mirando cara a acolá “

” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “

O pan noso de cada día

” Quen ri último, ri mellor “

” Rebuscando nos sumidoiros “

” Conichos e fantoches “

” Contando tardes, sobre todo, tardes “

Quen anda aí?

A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco)

“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”

” Sente aqui, señor! “

” A codia das ausencias en tempos adversos “

A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato]

” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “

” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “

Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte)

Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español

” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “

” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “

” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”

” Non hai doce sen trece (corolario) “

” Non hai doce sen trece (segunda parte) “

” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”

” Antollo e o xurelo guisado [relato] “

” O can vello, o amo e o patrón [relato] “

” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “

” O corvo e o alcalde [relato] “

” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “

” Unha muller confinada no supermercado “

“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”

“Mentres tanto”

” 5 de abril, Domingo de Ramos “

” Galicia, esa esquina do mapa “

” Un País que se disipa sen remedio “