O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta tarde, acompañado do alcalde, Avelino Pazos, á proxección da curtametraxe ‘Entre Fíos e Raíces’ impulsado pola Asociación Trebellos de Mediación co apoio da Xunta de Galicia.
A curtametraxe ten como escenario Castrelo de Miño e o seu obxectivo é combater o idadismo e apoiar ás mulleres no rural. As protagonistas da cinta, seis mulleres con idades comprendidas entre os 80 e 91 anos, narran como é a súa vida e as actividades que fan para manterse activas e ter un estilo de vida saudable.