In Memoriam: Juan Arturo Marquina Vázquez

Este pasado día 1 falecia D Juan Arturo Marquina Vázquez que foi alcalde de Carballiño desde o 31 de decembro de 1993 ata xuño de 1995.

Home moi familiar ao que lle gustaba sobre todo pasar tempo cos seus (era pai de cinco fillos e tiña once netos), pero ademais lémbranlle como un veciño afable. Deses que saúdan pola rúa e preguntan polos membros da familia chamándoos polo nome de pila porque coñecen a case todo o mundo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nos últimos anos era frecuente velo pasear pola Avda do Parque cos seus amigos Juan Lois, Pepe Carballido e Ricardo Paniagua

A vida profesional de Juan Arturo estuvo vinculada ca banca xa que foi traballador de Caixa Ourense e posteriormente director do Banco Bilbao Vizcaya ( Actual BBVA ) onde se xubilou nos anos 90

Adxuntamos fotos cedidas polo seu compañeiro e amigo Manolo Chan

O fotógrafo foi Avelino Corral

Juan Arturo Marquina e a Política:

Juan Arturo xa foi concelleiro antes da étapa democrática e formou parte activa na sociedade de Carballiño

No ano 1964 foi membro da Comisión de Festas sendo Presidente de honor o alcalde D Héctor González Godás e presidente da comisión D Ramón Valeiras Sobrino ( información do periodico La Noche )

No ano 1967 foi elexido vicesecretario da Asociación de cabezas de familia que presidia D Manuel Martínez Doval ( información do periodico El Pueblo Gallego )

Según informa La Región O 9 de febreiro de 1967 tomaba posesión a nova corporacion presidida por D Javier Perea e nal cal repetia Juan Arturo Marquina

En agosto de 1968 e con crónica na Región de Pepe Prada informabase da composición da Comisión de Festas da cal volve a formar parte Juan Artutro Marquina e na que tamén se incorpora Argimiro Marnotes ( fúturo Alcalde do Carballiño )

O 4 de decembro de 1968 La Región informa que no último Pleno solicitase ao Ministerio de Información e Turismo que se declare Festa de Interés turistico A “Festa do Pulpo” ( a deste ano foi a 5ª edición e aínda se celebraba o 3º domingo de agosto )

O 18 de maio de 1969 La Región informa que no último Pleno acordouse poñer a disposición da Junta provincial de Construcciones escolares terrenos na zona da Uceira para construir un Colexio e facer a concentracción escolar

O 9 de febreiro de 1971 La Región informa da toma de posesión dos novos concelleiros e da conta dos que deixan o cargo entre os que esta Juan Artuto Marquina

O 7 de maio de 1972 La Región informa dunha entrega de premios con mótivo del ” día del Libro ” e onde Juan Arturo forma parte do xurado


O 26 de maio de 1991 teñen lugar as cuartas Eleccións Locais da Democracia. Gaña as eleccións a Converxencia Centrista encabezada por Argimiro Marnotes que foi Alcalde do carballiño durante os últimos 14 anos ( 2 na dictadura e 12 na democracia ). Faino por pouca diferencia xa que o Psoe queda a pouca distancia. O cabeza de lista polo Psoe é Pachi Vázquez que encabezara nas pasadas eleccións o CDS de Adolfo Suárez

No terceiro lugar situase o PP ( é a primeira vez que concurre con estas siglas ) Encabeza a lista o catedrático e profesor do IES Nº 1 José Luis García Rodríguez

No cuarto lugar queda o BNG que acada 2 concelleiros : Chema Ferreiro ( que encabeza a lista ) é Roberto Fernández Viñal que xa fora concelleiro nas primeiras eleccións da democracia no ano 1979

Non acadou representación a lista do Partido Socialista Galego-Esquerda Galega que encabezaba Pepe Carballido

A pesares de ser a lista máis votada quen foi Alcalde é o candidato do PP José Luis García Rodríguez. Eso debeuse os pactos que houbo a nivel provincial entre o PP e Centristas de Ourense o partido de Victorino Nuñez.

No reparto de alcaldias a nivel provincial a de Carballiño correspondeulle ao PP. Neste goberno Juan Arturo foi o responsable da Concellería de Facenda.

Foi un mandato moi convulso con Plenos moi polemicos. O Alcalde José Luis presentou a súa dimisión aos dous anos sendo substituido por Juan Arturo Marquina Vázquez que tomou posesión como Alcalde o 31 de decembro de 1993

Nas eleccións de 1995 Juan Arturo encabezou a lista do PP

O 28 de maio de 1995 teñen lugar as quintas Eleccións Locais da Democracia. Gaña por primeira vez a lista do Psoe encabezada por Pachi Vázquez que sera alcalde, sendo a primeira vez que esto sucede rompendo a dinámica dos últimos 16 anos onde sempre gañaran as listas de centro dereita.

Pachi gaña por 70 votos de diferencia con respecto ao PP que encabeza o que era alcalde, Arturo Marquina. Ambas forzas acadan 7 concelleiros.

Na sesión de investidura o Psoe ten tamén o apoio do Bng que ten 3 diputados. As outras dúas forzas políticas non acadan representación. Estas tres forzas Psoe, PP e Bng seran as únicas con representación durante os próximos 20 anos ata o ano 2015, onde unha candidatura veciñal terá tamén representación

Formase un goberno de coalición entre o Psoe e o Bng

VIDEO da Sesión Plenaria e toma de posesión de Juan Arturo Marquina

FOISE UN HOME BUENO ( D.E.P)