Ribeiro en Común reclama a mellora urxente da rúa Piñeiral, unha das entradas á vila de Ribadavia.

O estado da calzada é moi malo, e é titularidade municipal.
Non se entende que o goberno non actuara aínda na súa mellora, tras máis de seis meses.
Para Ribeiro en Común de terse actuado antes do inverno non se tería chegado a este nivel tan deteriorado.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ribeiro en Común reclamalle ao goberno local que actúen nesta rúa como o anterior goberno fixo na rúa Veronza, e en parte da rúa Ribeiro, onde o pavimento destas rúas foi moi mellorado, con recursos propios.

Non se entende a desidia do goberno municipal, xa que nin se fai desde o Concello nin piden colaboración a Deputación ou Xunta.

Agardamos que non se deixe pasar máis tempo, pois a súa situación é moi mala, e de agardar máis tempo irá a peor. Reiteramos que é unha rúa moi utilizada polos veciños e visitantes, xa que é unha das entradas principales a Ribadavia.