O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitou a ‘Asociación de Veciños da Touza’, en Maside. Veñen de rematar unha serie de actuacións enfocadas na mellora de accesibilidade e da fachada e tamén da carpintería metálica, conseguidas cunha axuda que alcanzou os 12.000 euros. Estas obras fixéronse ao abeiro dunha subvención para asociacións veciñais do pasado ano, que neste mes de xaneiro abre a convocatoria de novo.
O alcalde engadiu, ademais do agradecemento, un proxecto de recuperación do barrio da Touza que quere poñen en común cos veciños e tentar acceder a unha subvención de Xunta de Galicia, proxecto plantexado para este 2024.