A unidade de doazón de sangue estará mañá en Cortegada

O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase mañá martes ata o concello de Cortegada. Estará en horario de tarde, dende as 16:30 horas ata as 21:00 horas, ubicado ao carón do Banco Santander.

Lembramos a importancia de colaborar ca doazón de sangue para manter as reservas dos hospitais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.