A conselleira de emprego avalía necesidades e programas con empresarios de Cea e a súa contorna

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A conselleira de Emprego e Promoción da Igualdade, Elena Rivo, mantivo un encontro co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, e empresarios do concello e da súa contorna na que abordaron as necesidades de emprego da zona e os programas que se desenvolven neste ámbito.

Un dos principais temas abordados no encontro foron as ferramentas coas que conta a Xunta para facer fronte ás 15.000 bolsas de traballo que existen na actualidade no mercado laboral galego.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Rivo explicou que a Consellería está nun proceso de escoita para poder reforzar a colaboración entre administracións para que as persoas que xa están traballando, como as que buscan emprego, sigan formándose para a súa perfecta adaptación ao mercado laboral.