O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase mañá mércores ata O Irixo, no que estará dende as 16:00 horas ata as 17:30 horas, na praza do concello. Despois achegarase ata San Cristovo de Cea, na Praza Maior, dende as 18:00 horas ata as 21:00 horas.
Lembramos a importancia de colaborar ca doazón de sangue para manter as reservas dos hospitais.
Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.