Pachi Vázquez encabezará a lista de Espazo Común Galeguista pola provincia de Ourense

A ilusión e as gañas de conquerir cambios políticios sustanciais para mellorar a vida dos ourensáns son os motores que impulsan unha candidatura na que conflúen experiencia e xuventude.

“Vou tentar aportar o meu gran de area neste gran equipo de homes e mulleres que dende Espazo Común Galeguista queren loitar por un Ourense mellor”                                                                             

AVANTAR ACTIVIDADES

                                                                                             Ourense,  15 de xaneiro de 2023.

Despois de diferentes reunións e conversas mantidas nas diferentes comarcas e co resto de membros da coalición que conforman Espazo Común Galeguista, houbo unha decisión  unánime: que Pachi Vázquez sexa o cabeza de cartel pola provincia de Ourense de cara aos comicios autonómicos do vindeiro día 18 de febreiro.

Vázquez cunha longa experiencia política, coma alcalde, coma deputado, coma conselleiro e coma fundador do movemento cidadán de Espazo Común, liderará un grupo de homes e mulleres na procura de que a voz de Ourense se escoite e que as decisións que se toman dende Santiago deixen de marxinar a esta provincia unha e outra vez.

“Temos enerxía, temos gañas e temos equipo, só falla que sexamos capaces de facer chegar á xente a mensaxe do importante que é que Ourense teña voz propia no Parlamento” afirmou Vázquez, “Non podemos seguir quedando para atrás en tódalas decisións e ser os derradeiros en todo”.

“A xente que formamos o Espazo Común Galeguista estamos a sementar o que vai ser o gran proxecto de centro que lle falta a Galicia. Un futuro que nos igualará con Cataluña ou Euskadi na defensa dos intereses dos galegos e das galegas. Estamos abertos ao diálogo con todo o mundo sempre que Ourense estea no centro da conversa, como mínimo, á altura do resto de provincias”

Nos vindeiros días, Pachi Vázquez efectuará un acto público de presentación da súa candidatura.