O autobús móbil de doazón de sangue estará este venres no Carballiño

O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase este venres ata O Carballiño. Estará ubicado na Pista Vermella, coma sempre, dende as 10:00 horas ata as 14:00 horas e dende as 16:00 horas ata as 21:00 horas.

Lembramos a importancia de colaborar ca doazón de sangue para manter as reservas dos hospitais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.