Continúa a búsqueda de María Ángeles Míllara Moa, desaparecida dende o pasado domingo. Marchou da casa non sen móbil, e levaba un paraugas que foi atopado na beira do Arenteiro entre Godás e Ponterriza.
Hoxe sumáronse ós traballos o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Ribadavia cunha zódiac para peinar o último tramo do río ata a desembocadura no Embalse de Bouteiro, acompañados dos anfibios da Garda Civil. Os vindeiros días son chave para o seu achádego.
María Ángeles é unha muller de 54 anos, de complexión normal e 167 centímetros de estatura. O día que desapareceu levaba un abrigo de cadros vermellos e grises, un sombreiro de cor crema e, posiblemente, un chándal.