O Psdeg de Laza denuncia o “desleixo” do alcalde e acúsao de ser “incapaz” de defender os intereses da veciñanza e de reclamarlle á Deputación o arranxo da ou-1051

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os e as socialistas critican que o estado desta estrada de titularidade provincial “é deplorable” e supón un “grave” risco para os vehículos que circulan pola mesma debido ao “pésimo” estado do firme e as numerosas fochancas que poden encontrarse no seu percorrido

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Juan Ramón Álvarez apunta a que o estado da estrada “é un perigo e as probas me remito, xa que hai escasos días que un veciño de Toro rebentou unha roda polo pésimo estado da estrada” e urxe “solucións inmediatas ante o perigo que supón para a circulación de turismos”

Laza, 16 de xaneiro de 2024. O PSdeG-PSOE de Laza denuncia o total “desleixo” do alcalde do Partido Popular, José Ramón Barreal Novo, ao que acusa de ser incapaz de defender os intereses da veciñanza e de reclamarlle á Deputación de Ourense o arranxo da OU-1051, estrada que comunica a OU-112 co núcleo de poboación de Toro. Os e as socialistas critican que o estado desta estrada de titularidade provincial “é deplorable” e supón un “grave” risco para os vehículos que circulan pola mesma debido ao “pésimo” estado do firme e as numerosas fochancas que poden encontrarse ao longo do seu percorrido.

Dende o grupo municipal socialista de Laza explican que dende o mes de novembro “levabamos reclamándolle ao alcalde unha solución o mal estado da estrada, pero atopámonos continuamente con escusas de mal pagador”. Segundo afirman os e as socialistas “o rexedor foi incapaz de pórse en contacto coa Deputación, titular da estrada, para proceder a solucionar a grave problemática que vive a veciñanza de Toro cada vez que ten que facer uso da estrada, vía principal de comunicación da aldea”.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Laza, Juan Ramón Álvarez Álvarez, apunta a que o estado da estrada “é un perigo e as probas me remito, xa que hai escasos días que un veciño de Toro rebentou unha roda e procedeu a interpor unha denuncia polo pésimo estado da estrada”. Ante esta situación os e as socialistas levaron unha pregunta onte ao pleno municipal, pero atopáronse coa negativa do rexedor a reclamar á Deputación o seu arranxo “inmediato” e ante a información do accidente sufrido polo veciño en cuestión a resposta foi que “denuncie, que xa lle pagará o titular da estrada o arranxo”.

Álvarez Álvarez denuncia que a situación “vense prolongando dende antes do mes de novembro, cando comezaron a aparecer as primeiras fochancas e a abrirse o asfalto, provocando que se convertesen en pedras afiadas”. O voceiro socialista indica que “levamos dende entón reclamándolle ao alcalde que se poña en contacto coa Deputación de Ourense para o arranxo da estrada, pero non moveu un só dedo”. Neste senso subliña que “agardemos que agora que houbo un percance, se proceda o seu arranxo, pero parécenos lamentable que haxa que esperar a que se produza un accidente para tomar medidas”.

Dende o PSdeG-PSOE de Laza agardan que se tomen medidas “urxentes” para reparar o asfaltado desta estrada provincial e deste xeito “mellorar a seguridade viaria, inexistente nestes momentos”. Os e as socialista conclúen sinalando que a veciñanza “está moi preocupada polo deterioro desta infraestrutura e polo perigo que supón circular pola mesma cun turismo, motivo polo que esixen solucións ante un perigo público”.