O vindeiro luns, a corporación do concello do Carballiño reunirase nunha sesión plenaria de trámite. Trátase dun proceso necesario dada a convocatoria de eleccións autonómicas para o vindeiro 18 de febreiro. Nesta sesión farase o sorteo das persoas que deberán constituír as mesas electorais.
O procedemento consiste en recorrer ao padrón municipal a través dun programa electrónico posto a disposición do goberno central para todos os concellos. Así, de xeito aleatorio, o sistema escolle ás persoas que conformarán as mesas, a través da selección de parámetros como a idade ou os estudos.
O día 1 de febreiro terá lugar o pleno ordinario do concello correspondente ao mes de xaneiro, no que se tratarán temas municipais.