Este xoves (día 25) presentación na tenda OZOCOgz do libro “Ao sur da liberdade” do autor Xosé-Henrique Costas

Comunicado da tenda OZOCOgz:

O xoves, 25 de xaneiro temos presentación na nosa tenda do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

A nosa primeira presentación para este 2024, “Ao sur da liberdade”, do profesor e lingüista Xosé Henrique Costas.

“Ao sur da liberdade” é a primeira incursión de Costas en narrativa histórica, sendo tamén a primeira achega da triloxía “Banu Marwán, a estirpe do galego”, unha saga familiar dos séculos VIII-IX.

O autor estará acompañado por Moncho Iglesias Míguez, profesor no IES Chamoso Lamas, escritor, tradutor e filólogo.