O BNG de Ribadavia pide a implantación de cursos formativos relacionados coas novas tecnoloxías no IES O Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O sector das novas tecnoloxías presenta dende fai anos uns dos mellores datos de inserción laboral.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ademais, co despegue do teletraballo, os profesionais poden traballar sen ter que vivir nas grandes cidades, podéndose asentar poboación nas vilas do rural.

Asemade, para a comarca do Ribeiro é interesante diversificar a oferta educativa que se presta desde Ribadavia e máis tendo en conta que en toda a provincia de Ourense só se imparten ciclos formativos de novas tecnoloxías e informática en dous centros.

Por elo, desde o BNG propomos ao pleno do concello de Ribadavia que se vai celebrar neste mes de xaneiro, demandar que se implante en próximos cursos a oferta de FP de grao medio e do grao superior relacionados coas novas tecnoloxías se implanten no IES O Ribeiro – Edificio Abrente de Ribadavia.