Constataron a valoración positiva que as persoas diabéticas fan sobre a incorporación de novos especialistas en Nutrición nos Centros de Atención Primaria
27 de xaneiro, 2024
● Os candidatos populares ao Parlamento de Galicia pola provincia de Ourense, Gabriel Alén, Noelia Pérez e Miguel Ángel Viso, reuníronse coa Asociación Diabética Auria para coñecer de primeira man o que supuxo para os pacientes con diabetes da provincia de Ourense a incorporación de novos profesionais especializados en Nutrición nos Centros de Atención Primaria.
● Os candidatos transmitiron tamén “o compromiso da administración autonómica coas entidades sociais”. Nesta mesma liña, dirixíndose aos membros da Asociación Diabética Auria que un dos seus novos obxectivos é “reclamar espazos que vos permitan mellorar a vosa labor de organización, xestión e dirección das actividades”.
● Ademais, explicáronlle aos membros deste colectivo as medidas que a Xunta está poñendo en marcha en material de innovación social, que inclúen a estas entidades e as axudan a dar os seus primeiros pasos no ámbito tecnolóxico. “O goberno de Alfonso Rueda sempre está e estará a disposición de axudar ás entidades sociais porque o seu traballo e empeño é fundamental para toda a sociedade”, concluíron.