Reunión dos candidatos Victoria Núñez, Gabriel Alén, Noelia Pérez e Marisol Díaz co colectivo dos taxistas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Coñeceron de primeira man as necesidades e preocupacións dos taxistas de Ourense

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

26 de xaneiro, 2024

●     Os candidatos ao Parlamento de Galicia pola provincia de Ourense, Victoria Núñez, Gabriel Alén, Noelia Pérez e Marisol Díaz, reuníronse esta tarde co colectivo de taxistas para coñecer de primeira man as necesidades e preocupacións do sector.

●     Os populares trasladaron “a vontade do Goberno Galego de ofrecer unha solución provisional á marquesiña da estación intermodal, ante a inacción durante anos por parte do Goberno Central”. Tamén abordaron a solución ao problema da transferencia de tráfico na contorna da intermodal “mediante a habilitación dunha rotonda aparellada ás obras de humanización da avenida das Caldas, e que permitirá facer o xiro para acceder á estación”.

●     Constataron ademais a valoración “positiva” que o colectivo fixo sobre os desprazamentos sanitarios que o Sergas lles encarga para as visitas médicas a domicilio.

●     Por último, os candidatos populares comprometéronse a “seguir reclamando que se arranxen as paradas de taxi da cidade, pois a maioría non conta con teléfono e atópanse nun estado deplorable”.