A Xunta achega ao alumnado do IES Manuel Chamoso Lamas información sobre o Carné Xove

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou o Punto de Información Xuvenil do IES Manuel Chamoso Lamas. Nel estiveron hoxe promovendo a creación e activación do Carné Xove entre a mocidade.

Cristina Pichel explicou que o obxectivo é que os estudantes coñezan de preto todos os recursos, programas e axudas existentes en materia xuvenil e, ademais, poidan activar nestes puntos o Carné Xove, que o Goberno galego enviou gratuitamente a todas as mozas e mozos entre os 12 e os 30 anos de idade.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Consellería de Política Social e Xuventude iniciou a comezos de 2022 esta iniciativa nos sete campus universitarios de Galicia e o ano pasado estendeuse aos Centros Integrados de Formación Profesional. Este curso sumáronse os centros de Secundaria e Bacharelato. Cristina Pichel apuntou que a través destes puntos de información achégase e mellórase a difusión de información de interese para a mocidade.

Os centros educativos interesados nesta proposta deben solicitala a través do formulario dispoñible na páxina web de Xuventude, indicando o mes do curso escolar no que lles interesa recibir a visita do punto itinerante de información xuvenil. O horario deste punto estenderase, como máximo, ao longo dunha xornada lectiva.

Dentro do Programa de Correspondentes Xuvenís, son os propios mozos os que informan aos seus compañeiros dos prazos destas solicitudes e das vantaxes, así como corren a voz para que a información chegue a todos eles. Gracias a este programa, foron moitos os que hoxe activaron e fixeron o seu carné no instituto.

Os mozos que actúan como correspondentes están moi cómodos coas súas pequenas tarefas, coa finalidade de axudar aos seus compañeiros.