Denuncia do Bng de Ribadavia sobre verteduras de augas residuais que se están a producir no río Miño

denunciamos as verteduras de augas residuais que se están a producir no río miño desde os sumidoiros da rede municipal de saneamento de augas

Comezaron hai case unha semana e desde o BNG demos conta ao goberno municipal o pasado venres 26.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ribadavia, 30 de xaneiro de 2024

Polo camiño entre A Barca de Ribadavia e Francelos, paralelo ao Miño transcorre o treito final da rede municipal de saneamento de augas de Ribadavia, os sumidoiros que conducen as augas residuais ate a EDAR (estación depuradora) de Francelos.

Desde hai días estase a producir a vertedura de augas residuais dende alomenos tres puntos. Tal e como se pode apreciar nas probas gráficas e audiovisuais que achegamos dende o grupo municipal do BNG de Ribadavia, as augas residuais verten directamente ao río Miño.

Esta situación ven sendo denunciada polo BNG, logo de que se tivera coñecemento da mesma o xoves 25, demandando por escrito o venres 26 diante do Concello de Ribadavia para que concello e empresa concesionaria do servizo municipal de augas acometan unha urxente actuación para parar as verteduras.

Lamentamos que no serán de onte luns día 29 as verteduras continuaban.