O Carballiño: A rúa Carreira nos anos 60. Comercios e profesionales

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Serán posibles as publicacións sobre o Carballiño dos anos 60, porque Santiago Cacho Rodríguez accede a darnos o consentimento para utilizar o seu blog:

O CARBALLIÑO, CALLEJERO AÑOS 60 (asruasdocarballino.blogspot.com)

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Con este blog, Cacho tratou de lembrar e homenaxear aos comerciantes e profesionais que, coas súas respectivas actividades, contribuíron a manter viva a vila, na época da existencia da última rondalla da vila carballiñesa, e do grupo de música pop – rock “Los Poker”

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é Santiago-Cacho-callejero-2.jpg

Este grupo de mozos, moitos deles alumnos de Don Juan Corral, amenizaron os entroidos dos anos sesenta cos seus desfiles e actuacións durante tres anos. 

A crónica da curta existencia de ambas formacións queda contida no blog:

https://pulpopokers.blogspot.com/2019/08/lospoker.html

Os documentos escritos que Cacho inclúe no seu blog “Carballiño. Callejero años 60” proceden da prensa da época (Faro de Vigo e La Región), da revista “Ambiente” e, sobre todo, das actas de xuntas municipais e plenos e dos programas de festas de San Cibrao.

A maioría dos antigos documentos gráficos empregados no citado blog proceden da publicación de Miguel Anxo Fernández: “Vellas Historias Vellas Fotografías 1870 – 1970” (1992). Tamén se utilizaron fotos do álbum de Xosé Manoel Rodríguez González (Pichi): “O Carballiño 1869-1979 Álbum Fotográfico da Vila do Arenteiro” (2010), de José Luis Diz: “Xentes do Carballiño 1890 – 1990” (2016) , de “Potiños”: “O Carballiño, Industria e Comercio – 1925-1995″ (2019), cuxa selección e recopilación fotográfica foi feita por José Luis Diz Rodríguez e Manuel Blanco Guerra ” Celta “, e algunha achega de Moncho Fuentes.

A parte das fotografías propias do redactor, importante foi a achega de fotografías dos familiares dos comerciantes e profesionais citados.

BADAL NOVAS

Da grazas por poder dispor do dito blog e publicalo no noso medio, traducindo ao galego as notas e comentarios que aparecen en castelán no blog orixinal, completando ca nosa propia información sobre os profesionais e comerciantes e engadindo as novas fotos que achegaron os seus familiares. Agradecemos as fotos de MONCHO FUENTES e, sobre todo, as aportadas polo profesor do IES Nº1 JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO e o grupo de alumnos do curso 1991-92 ( Jaime Pérez, Patricia Paniagua, Mª José Vázquez, Encarna Rodríguez e Susana Rey ) que cursando a asignatura de Deseño fixeron un traballo sobre o urbanismo do Carballiño.


CARREIRA, do mesmo xeito que CARREIRO, son camiños destinados ao tránsito de carros. Con todo, o referente ao que ambos os termos refírense difire en gran medida. Carreiro é un camiño relativamente dificultoso estreito e pouco transitado. Carreira é, con todo, un espazo amplo polo que é fácil camiñar e bastante frecuentado.

No pasado ano o Concello do Carballiño tuvo unha boa iniciativa como foi poñer en distintos sitios da rúa Carreira fotos de personas que tiñan negocios, comercios ou que tiñan oficios ( deses anos 60 )

O principio da rúa puxeron unha foto dun plano da Carreira do ano 1935 feita polo “Instituto Geográfico y Catastral” acompañada da relación das personas que vivianm nas distintas casas xunto cos oficios.

Ata o ano 1935 chamabase Rúa Miño. De 1935 a 1939 Rúa de Galán y García Hernández e a partir de 1939 Rúa Carreira

Na Carreira, agrupábase un bo número de artesáns do pobo, baldeiro, carniceiro, carpinteiro, carretero, corcheiro, costureiras, fogueteiro, fotógrafo, ferreiro, marmolista, peixeiras, transportista, zapateiro, zoqueiro …

A modo de exemplo :

Costureras da rúa Carreira: Sr. Dora, Sr. Pura,Sr. Celsa, Lolita e a sua irmán ( Godoy), Esperancita.

Bordadoras: Adelaida Junco, Pina Obenza, Sara e Carmen Atanasio, Trinidad, Olguita e Lolita do Geli.

Antonio Caderno Transportista

RUEIRO NOS ANOS 60

No número 18 estaba o canteiro Varela


1.     Marmolista Fontán

MAXIMINO FONTÁN FERNÁNDEZ tiña a súa marmorería en Conde Vallellano 19. Comprou este solar da rúa Carreira ao zapateiro Benigno e edificou.

Foto Moncho Fuentes
Permiso para edificar. 1966

2.     CHEDA

As referencias a esta empresa atópanse na rúa Aldara


3.     Cobertores Rogelio

Ao señor ROGELIO MENÉNDEZ MENÉNDEZ, de orixe asturiana, á súa esposa LUISA e á súa cuñada Rosa, chamábanlle “Os Cobertoreros”, porque se dedicaban a personalizar co nome da persoa que os encargaba os cobertores de lana que traían de Palencia.

Permiso para obras menores.1958

4.     Carretero Godás

O señor José Godás, carretero de profesión, e a súa esposa Concha eran coñecidos como “Os Barato”. Foron pais de Manuel, Ernesto, Victorino, e de Ramón e Benito, coñecidos pola súa imprenta e o seu estudo de fotografía.


5.     “As Marranas”


6. Carpinteiro CrespoCarpinteiro Arturo Fuentes

Antes de establecerse na rúa Aldara eiqui viviu o carpinteiro Serafín Crespo, natural do Torrón. Estaba casado con Dolores Temes Fernández. O matrimonio tivo tres fillos: o futbolista Manolo, Lolita, casada con Manuel Álvarez, o carteiro “O Virola” e Conchita, casada con Ramón Garriga “O Moucho”.

Serafín Crespo
Dolores Temes Fernández

Posteriormente trasladouse a rúa Aldara e a carpintería da Carreira foi dirixida por Arturo Fuentes López e a súa dona Celsa García García

Arturo e Celsa
Revista Ambiente 210 de 1956

Casa Nº 6 Rúa Carreira

7.     Zapatero Benigno

Benigno Rodríguez, zapateiro de profesión, natural de Señorín, estaba casado con Lola, natural de Porto do Son. O matrimonio tivo dúas fillas: Isaura, bordadora de profesión e Lolita, nai de José Vicente “O Zoco”. Eran os propietarios do terreo do número 1, comprado polo marmolista Fontán.

Permiso de obra. 1966

8.     Transportes “ O Do”

Cesáreo Obenza, coñecido como “O Do”, transportista de profesión, estaba casado con Agripina, e tivo a Camila, Manolo, Benito, Solita ( das Rosquillas esposa do Antonio “O Polo”, país da Pepa, Cholo e Lelo), Pepe, Tucho, Luis e Cesáreo “O Charro”

Filla de Benito e un neto

9.     Fotógrafo “O Potiños”

O sobrenome de “O Potiños” co que se coñecía ao fotógrafo GABRIEL ALONSO, non se debía ao seu físico, pequeno e rechoncho. O alcume era o da familia da súa esposa LOLA coa que tivo dúas fillas: M.ª Carmen e Lolita.

Un irmán de Lola, Enrique, era un personaxe singular que ía recollendo as cabichas polo pobo e leaba logo os cigarros con papel de xornal.

10.  Os Junco

A casa era de Concha Sobrino, veciña do 13 e tiña como inquilino nunha planta ao albanel Pepe e na outra vivía a señora Julia, viúva de Abelardo Xunco, nai de Abelardo (“O Abisinio” casado con Angustias), José, Purita (casada con Pepe “ Pituxo”) e Adelaida.


11. Cuadra de “O Rapa”


12. Tienda “O Rapa”

JULIO GARCÍA VÁZQUEZ, coñecido como “O Rapa”, e a súa esposa Pura Pereira Pérez, de Cea, vivían coa súa sobriña Mercedes, criaban porcos na pocilga de en fronte e vendían carne e embutidos.


13. Constantino“O Carneireiro”

CONSTANTINO FERNÁNDEZ LÓPEZ, natural de Ourense, coñecido como “O Carneireiro” pois trataba con ovellas, estaba casado coa señora CONCHA SOBRINO, irmá de Cesáreo Sobrino.

Permiso para obras menores. 1958

14. Ferreiro Tomás González

Tomás González, ferreiro de profesión, natural de Dacón, estaba casado coa señora Agustina, de Cambados, con quen tivo cinco fillos: Edita, Leontina, Manuel, Genoveva, e Maruja (modista, alcumada “A Coxa”, por selo).

Casa Nº 14 Rúa Carreira

15. Transportes Rodríguez “O Rebusco”

Ata o seu traslado ao número 26 de Conde Vallellano, este era o domicilio do transportista JOSÉ ANDRÉS RODRÍGUEZ, coñecido como “O Rebusco”, casado MARIA PEREIRA CAVO.

María Pereira con Isabel y Maruja
Casa Nº 15 Rúa Carreira


16. Cuadras

Este número comprendía as cuadras de Benigno, o zapateiro do 7 e de Saladina, veciña do 23. Adquiriu as propiedades Rafael Fernández (que tivo o bar Emiliano) e a súa esposa Elfa.


17. Fogueteiro “O Farruco”

FRANCISCO RODRÍGUEZ CONDE, coñecido como “O Farruco”, herdou do seu pai “O Cachelo Vello” o oficio de fogueteiro. Francisco estaba casado con Consolo Carnero Castro con quen tivo dous fillos: OLGA, bordadora, e FRANCISCO, profesor e futbolista, coñecido como “O Cachelo”, como o seu avó.

Francisco “O Farruco” y Consuelo.
En los extremos: Paco Cachelo y Olga

18.  Canteiro Varela

Benito Varela, canteiro de profesión, natural de Lalín e a súa esposa Eligia Bernárdez, natural de Loureiro, foron pais de Josefa, Sira e Milucha.


19. Carpinteiro Fuentes

O carpinteiro José Fuentes e a súa esposa tiveron un fillo, Daniel, que poñía un posto de asar castañas na rúa Conde Vallellano, na esquina da zapatería Munín.


20. “A Queixeira”

José Valeiras e a súa esposa Esperanza “A Queixeira”, así chamada por comerciar con queixos, tiveron tres fillos Josefa, Manolo e Concha (casada con José Fumega, con tenda de confeccións no 12 de José Antonio).

21. Corchos Atanasio

Antonio Atanasio, de orixe portuguesa, e a súa esposa Nemesia Janeiro Castro tiñan neste número domicilio e fábrica de cortizas. O matrimonio tivo familia numerosa: Ernesto, Gregorio, Alberto (afogouse no río), Nemesia, África, Ana, Carmen e Sara, estas dúas últimas bordadoras.

Polas súas implicacións políticas, o máis coñecido dos irmáns era Ernesto Atanasio Janeiro, chamado “O Corcheiro”.

Ernesto Atanasio na Residencia de tempo libre

22

Casa Nº 22 Rúa Carreira No piso superior Dositeo e abaixo Vidrines e os Piscos

23. XAMONEIRO AURELIO

Aurelio estaba casado con Saladina Álvarez, coñecida como “A Salada”. Saladina tiña un posto de roupa nas feiras e era irmá de Rosa, a nai de “ Pepucho”, do Mesón do Xamón. Saladina foi avoa de Lupe Somoza, casada co procurador Pedrouzo.


24. Pescadera Etelvina

A casa era propiedade de Pepita Florinda “A dás cabras” e a súa filla Asunción. Tiñan como inquilinos a Etelvina Tousana, peixeira de profesión, nai de Manolo “O Parrolas” e de Teresa, empregada de sempre no hotel Rogelia. O outro inquilino era Joaquín Pousa, coñecido como “O Jacinto”, pai de Joaquín “O Chato”.

Casa Nº 24 Rúa Carreira

25. Carniceiro “Do Rei”

Julio Mosquera, “ Do Rey”, carniceiro, e a súa esposa Emilia Valeiras, natural de Dacón, foron pais de Camilo, Julio (mariño mercante, casado con Merche Paniagua) e Valentín (médico analista, casado con Celsita Paz de madeiras do Porto de Eguas).


26

Casa Nº 26 Rúa Carreira Casa de Asunción Bocanegra
Asunción Bocanegra
Asunción Bocanegra

28.  Ganadero Sobrado

Manuel Sobrado, coñecido como “O Bocanegra” e os seus fillos Asunción e Antonio criaban vacas.


30.  ZAMBOMBITA

Os solares pertencían á familia “Os Lebre” e a “O Garmalleiro”. Tiveron como inquilinos a “O Zambombita”, pocero de profesión quen, ao quedar cego, vivía de esmolas tocando a flauta e a Antonio “O Pombo”, casado con Soledad, quen levaba os días de feira as tarimas dos tendeiros á Praza Maior.

Permiso para retejar. 1966

31. Baldeiro Fernández

JUAN FERNÁNDEZ, de Mesiego, e a súa esposa DOLORES VEIGA – do Porto de Eguas, foron pais de Trini e de Maruja (casada con Rafael Pereira, con tenda de roupa no 7 de Conde Vallelano). Fabricaban baldes, recipientes de madeira para transportar e conservar a auga.



Costureira Celsa

Celsa era costureira e modista. Iba a coser as casas como outras moitas costureiras. Estaba casada con Ramón que foi contable en fábricas de madeira sendo o seu último traballo na empresa dos Carballido. Era familia dos fogueteiros. Foi tamén sindicalista da Ugt

Ramón e Celsa na súa casa da Carreira
Ramón e Celsa
Enterro en Longoseiros do pai de Celsa ( anos 50 )



32.
 Costura “As Marías” e “As Caseras”

Taller de costura das irmás Aurora e Juanita, coñecidas como “ As Marías”. Aurora, casada con Manuel Álvarez “O Virola”, que morreu asfixiado nunha cuba dos “Ran”, foi nai de Lola ( bordadora) e de Paco Álvarez, casado con Carmiña filla de Caride da ferraxería Soto.

Paco Álvarez

Juanita era a nai de Francisco Fernández, o barbeiro da Praza Maior, casado con Carmen Godoy Rodríguez (Filla de Maripepa, irmá do fogueteiro Juan Rodríguez “O Cachelo vello”). No local da barbaría puxo logo o seu fillo Pepe Fernández Godoy a camisería.

Francisco y Carmen

As irmás de “Godoy”, Carmiña e Lolita, chamadas “ As Caseras” cosían e bordaban.

Casa Nº 32 Rúa Carreira

33. Peluquería González Junco 

A señora Sara Junco, casada con A. González, tiña unha mercería ambulante par as feiras. Foi nai de Otilia e Abelardo.

ABELARDO GONZÁLEZ JUNCO, casado con MARÍA LOSADA PÉREZ, tiña mercería aberta no 23 de José Antonio.

Abelardo tiña ademais na casa familiar deste número da Carreira un salón de peiteado que atendían as súas fillas Sira e Isabel, ata que a trasladou á rúa José Antonio.

Permiso para traslado. 1966

34. Fogueteiro “O Cachelo vello”

Juan Rodríguez Rodríguez “O Cachelo vello”, casado con Josefa Conde Pinal, perdeu unha man cando manipulaba as mesturas para os foguetes. Juan e Josefa foron pais de Manuel, Carmen, Concha e de Francisco “O Farruco”, que se converteu no novo fogueteiro.

Placa colocada polo Concello

35. Camionero “O Barato”

Ernesto Godás herdou dos seus pais o alcume de “O Barato”. Camioneiro de profesión, estaba casado coa peixeira Peregrina, con quen tivo unha filla, Pilar, modista de profesión.


36. Carniceiro Veleiro

Miguel Veleiro, carniceiro de profesión e Delia Pousada, natural de Dacón, eran pais de Aurita, Luís e Ricardo.


37. Zapateiro “O Rundo”

Benigno Gil, coñecido como “O Rundo”, zapateiro de profesión estaba casado con Brígida con quen tivo a Encarnación (modista), Carmen e a Antonio, que herdou o oficio e o alcume do pai.


38. Peixeira ” A Tumbalobos”


39. Maderas Carballido

Con entrada principal por Conde Vallellano

Permiso para galpón en la Calle Carreira. 1963
Casa Nº 39 Rúa Carreira

40.  Rodiño, barbeiro

Vivenda do señor Rodiño e Jesusa, a súa esposa, pais de Eduardo Rodiño, coñecido como “O Santiños”, con barbaría no 16 de Mosquera.

Eduardo Rodiño “O Santiños”

41. Taller Fondado

 Con entrada principal por Conde Vallellano


43. Taller Paula

Este taller eléctrico tiña tamén entrada por Conde Vallellano.


44. Ferreiro González Pajariño

MANUEL GONZÁLEZ PAJARIÑO, ferreiro de profesión, especialista en fabricar romanas e balcóns foi o artífice das varandas de ferro do desaparecido palco da Praza Maior e das aínda existentes dos laterais da chaira superior. Tres dos seus fillos Antonio, Manolo e Florindo foron tamén ferreiros.

Palco de la Plaza Mayor

46. Maderas Carballido.


50. Pescadera “A Bedela”


54. Modistas “As Jacintas”

O propietario da casa era o xastre Hermesindo Álvarez, con taller aberto na rúa Mosquera.
Hermesindo tiña como inquilino ao matachín de porcos Jacinto Pousa. Jacinto e a súa esposa Socorro foron pais de nove fillos. As súas fillas Lola, Josefa, Pilar, Sergia, Mareta e Balbina, modistas de profesión, eran coñecidas como “ As Jacintas”.


56. Vicente Pedroso. El último de Filipinas

Neste número viviu coa súa esposa María, VICENTE PEDROSO, natural de Mudelos, digno de mencionar por ser un dos 33 “Últimos de filipinas”.


60. Asistenta “A Barrendeira”


O colaborador de Badal Nova Juan Lois Mosquera publicou un ártigo relacionado ca Carreira que reproducimos a continuación

 Juan Lois Mosquera


Manteniendo la referencia histórica de artículos anteriores, década 1945-1955,  vamos dedicar nuestro comentario de hoy a La Carreira, tal como así la denominábamos en aquella época y ortrohora  zona de oficios y de pujante actividad económica de tipo artesanal…

 La Carreira como la mayoría de los carballineses conocen, se inicia en su intercesión con la calle Aldara (véase foto adjunta), frente a la antigua fuente de “La Mina “y finalizaba a la altura de una  las actuales transversales que  la enlazan con la Avda. Conde de Vallelllano… Su piso, como el de otras muchas calles de  O Carballiño, en  aquellos años era de tierra reforzada con piedras bien machacadas. Durante varios años celebró sus propios festejos que recibían el nombre de Fiestas del Buen Jesús.

Sin pretender seguir un orden estrictamente correlativo, según  los números de la calle, a vuela pluma, como suele decirse, iré citando   aquellos oficios y actividades artesanales  que fueron oficios propios de La Carreira… A su comienzo, y en el sentido calle Aldara dirección Ambulatorio, a la derecha, existió la CHEDA (Compañía Hidroeléctrica del Arenteiro), con los transformadores en el interior de su finca (una especie de subestación eléctrica)…  CHEDA, fue la empresa responsable de suministrar electricidad a O Carballiño y su comarca (que alcanzaba hasta Feás; Magros y Beariz), aproximadamente, desde 1945 a 1964, hasta su fusión con la ya desaparecida FENOSA (Fuerzas Eléctricas del Noroeste Sociedad Anónima).

En su acera izquierda, también al comienzo,  estuvo establecido el  Fotógrafo Gabriel Alonso, el cual, entre ferias, fiestas y documentos de Identidad, fotografió a muchísimos carballineses y a otras personas de las comarcas a donde extendía su actividad.

Había un  Carpintero  , de la familia que llamábamos  “ los “ Temes”, uno de cuyos miembros fue un importante futbolista “ El Pequeño “ ( por su baja estatura) que jugó, entre otros, en el primitivo Sporting y el Arosa de Villagarcia, cuando este último equipo militaba en Segunda División ( Temporada 1949-50 ).

Un Carretero de bueyes, padre del, igualmente, fotógrafo Benito Godas, y este a su vez suegro del actual medico Doctor Melero. Otro Carpintero, Arturo Fuentes.

Un Zoqueiro, Benigno, el cual tenía dos hijas, y una de ellas se casó con uno de la familia de las Feitiñas de Dacón…

Un Zapatero, también de nombre Benigno, y en cuya zapatería  se celebraban grandes tertulias, a voz en grito, quizás, precursoras de  las que, luego, se mantenían en la sastrería del Hermesindo, situada en nuestra calle Principal (ahora calle Mosquera), frente a la casa de Ignacia Molina (comadrona que “recibió” a la mayoría  de los carballineses nacidos antes de 1960) y  donde, actualmente, reside su hija Sira.

Los Corcheiros (Gregorio y Ernesto) se dedicaban a la fabricación de corchos para diferentes  recipientes, pero, principalmente, para botellas y garrafones. El que suscribe, recuerda obtener allí, en el bajo de su vivienda  donde trabajaban, un flotador de corcho para nadar (Corteza  curvada de un alcornoque, al que se le añadían unos tirantes para sujetarlo a nuestro pecho)…A Gregorio Corcheiro se le atribuye el aforismo tan conocido de que  “O Carballiño é  un manicomio con calles “.

El Herrerro, Manuel  González Pajariño, era especialista en construir nuestras antiquísimas “romanas” (balanzas) que tanto se usaron y, todavía, se utilizan para pesar en Galicia todo tipo de productos (pescados, carnes, cornezuelo, cereales e imprescindible en el rito de pesar los cerdos en las matanzas). Este herrero, González Pajariño, construyó, en aquel entonces, todas las estructuras metálicas que adornaban nuestra Plaza Mayor (primitivo palco de la música- ya desaparecido- y adornos laterales). De  estos adornos laterales se  conservan, algunos , en el plano superior de la Plaza y otros pocos,  rodeando  las dos nuevas  fuentes que existen en el plano medio de la misma y situadas,, ambas, a los lados de la reciente escultura de hierro forjado que representa una caldera de pulpo y  su correspondiente  pulpeira….

El Baldeiro, de nombre Juan, construía aquellos “baldes” que se utilizaban para ir buscar agua a las fuentes. En  O Carballiño a la de Flores y a la del Concello… En los días de  Feria exponía sus productos- los baldes-, en la travesía donde, recientemente, se inauguró la “Cafetería Ernesto- Patio Bar”…

Taller de Costura regentado por la Juanita de las Marías., especialista en la confección de camisas y la elegancia de sus cuellos bien sentados…. Juanita era la madre de Francisco Álvarez Rodríguez (Paco), cuyo padre había fallecido limpiando una cuba en las Bodegas de Eduardo Pereira (conocidas como,  del Ran)…

Continuando con Costureras, debemos mencionar a las hermanas de nuestro querido Pepe Godoy (hijo del barbero Paco), Carmiña y Lolita que, también  bordaban y cosían.

En la casa de Las Marías, los domingos por la tarde, un grupo numeroso de  señoras jugaban a nuestra conocida Lotería de cartones de toda la vida. Ibas cubriendo los números de los cartones que un jugador cantaba, colocando encima, por ejemplo, un haba, un grano de maíz u objetos similares y el que primero cubría su cartón se llevaba el premio, previamente, establecido. Reitero, a esta lotería de cartones de toda la vida, posteriormente, con pomposidad, se la denominó “Bingo “.

Un Matachin de cerdos, Jacinto, padre de las muy conocidas como Las Jacintas.

Un Carnicero, Julio Mosquera, con puesto de carnicería en la Plaza de Abastos y padre de Julio, Valentín y Camilo (este último, residía en Laín y falleció mientras arreglaba una rueda a un camión).

Fábrica de Somieres metálicos y de madera regida por Eladio y otros dos hermanos.

 Un Fogueteiro, “Cachelo- viejo”, (abuelo del que ha sido un destacado jugador del Arenteiro), al cual le faltaba una mano que perdió, precisamente, a consecuencia de una explosión manipulando un fuego. El almacén de los materiales para fabricar los fuegos de artificio que, luego,  se empleaban para anunciar festejos, acompañar procesiones, inicio de verbenas, etcétera,  estaba situado en el monte “Da Pena”

Como complemento de todos esos oficios y actividad artesanal que hemos ido mencionando, he considerado oportuno  incluir, también, el Aserradero o fábrica de maderas  del Carballido, en la cual estaban empleadas unas diez personas, más o menos…

En aquella época, 1945-1955, La Carreira finalizaba (véase foto adjunta) en un camino de carro amplio en dirección a  La Pena  y que, vulgarmente, se le llamaba,  “Camiño do neto hacia Señorin”… En este camino,  los carros, para pasar sobre el rio Carrrás, lo hacían  a través de unos “pásales”.. Donde  hoy está el Ambulatorio, se conserva, todavía, un letrero haciendo alusión a ese nombre, Muiño do neto “, pero, sin embargo, a los vecinos de aquella zona no les consta la existencia de que hubiera un molino en ese paraje.1

Lector,  de ahora en adelante,  cuando recorras La Carreira, bien para ir al Ambulatorio, Hacienda o al Instituto  No. 1, aunque ya estamos en la tercera década del siglo XXI, te invito a que imagines la multitud de oficios  y la pujante actividad económica artesanal de que disfrutó esa pequeña calle, en los años de 1945 a 1955. . Juan Lois  Mosquera.


—————————————————————————————————

Curriculum de Juan Lois Mosquera :

Nacido en 1942-Bachillerato por libre en Colegio Isabel La Católica. Preuniversitario Instituto Otero Pedrayo de Ourense. Estudios de Perito Industrial Electricidad en Vigo ( los actuales Ingenieros Técnicos). Actividad profesional en la multinacional Siemens-Vigo (30 años) y Redcom – Vigo (Empresa de Telecomunicaciones). Desde su jubilación en el año 2.001,reside en O Carballiño. 

—————————————————————————————————


AGRADECEMENTOS

En memoria dos membros da rondalla e do grupo de música “Los Poker” que faleceron e en nome dos vivos, a maioría con domicilio fóra das Terras do Orcellón, Cacho agradece a BADAL NOVAS a súa iniciativa para dar a coñecer a curta aventura daqueles mozos que viviron no Carballiño nos anos sesenta e lembrar aos seus coetáneos.

Santiago Cacho e Manuel Amil

BADAL NOVAS únese tamén ao agradecemento de Cacho por aqueles que coas súas publicacións de álbumes fotográficos facilitaron a redacción do seu blog e do que nos ocupa:

Pola nosa banda, BADAL NOVAS agradece as fotos e informacións achegadas polos familiares dos concidadáns citados no blog, os documentos gráficos facilitados por MONCHO FUENTES

Moncho Fuentes

e, sobre todo, os achegados polo traballo escolar sobre Carballiño, dirixido polo profesor JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO.

Grupo de Diseño ( 3º BUP Medición e Urbanismo ) do IES Nº1 . Profesor Juan Valcarcel



Se alguien quere colaborar con fotos ou documentos para enriquecer esta publicación, asi como correxir posibles erros pode facelo a través do mail info@badalnovas.com


Manuel Amil Otero. xaneiro de 2024