As concellerías Cultura e Turismo presentaron esta mañá a programación do Carballiño para as vindeiras datas do Entroido. Comezarán as actuacións tradicionais do conservatorio e o venres 9 unha novidade: festa comadres e compadres con premios de disfraces patrocinados pola hostalaría local. O sábado 10 teremos o entroido infantil, con obradoiros e concurso de disfraces.
O martes día 13 será o gran desfile de comparsas cos grupos da comarca e tamén de fora, con premios e a orquestra Alkar. O mércores de cinza correrá a cargo de Aspadisi e o grupo de teatro Dar Trela.
A Festa da Cachucha será o domingo 25, con desfile de mañá e de tarde, con charangas, folións e comparsas. 21 restaurantes farán menús especiais para desfrutar do cocido nesta xornada.
Anunciaron tamén a campaña posta en marcha en redes sociais, feita con humor por mozos ca finalidade de atraer xente ao entroido do Carballiño.
- Martes, 6
AUDICIÓN DO CMUS e ESMU
20.00 h no Auditorio
- Venres, 9 na Praza Maior e nas rúas
12.00 h – Desfile de entroido escolar a partir das
20.30 h – 21.30 (1º pase) – FESTA DE COMADRES E COMPADRES – Disco Show Eletium
23.30 h – 01.30 (2º pase)
- Sábado, 10
ENTROIDO INFANTIL na Praza Maior e rúas
De 11.30 á 13.30 h Obradoiro infantil de máscaras e complementos de entroido
16.00 h – Batucada PERCUCAR
16.30 h – Concurso infantil de disfraces
18.30 h – Animación musical
- Domingo, 11 na Praza Maior e rúas
12.30 h – Grupo FEITIZO DE PAU
19.00 h – OS LIBORIANOS
- Luns, 12 na Praza maior e rúas
20.00 h – FANFARRIA FURRUXA
- Martes, 13 na Praza Maior e rúas
17.00 h – GRAN DESFILE-CONCURSO DE COMPARSAS E CHARANGAS
19.00 h – ORQUESTRA ALKAR
- Mércores, 14 na rúa Principal e Praza Maior
19.30 h – Representación do ENTERRO DA SARDIÑA por ASPADISI e DAR TRELA
Animación CHARANGA CASTRO BELLO
CHOCOLATADA
- Sábado, 24 na Ínsua dos Poetas. Organiza Fundación Ínsua dos Poetas
16.30 h – ENTROIDO DAS NENAS E NENOS (Concurso de disfraces, premios e agasallos, música e xogos, merenda de entroido)
- Domingo, 25
XXIX FESTA DA CACHUCHA
11.30 h polas rúas – DESFILE DE FOLIÓNS, COMPARSAS E CHARANGAS
Comparsas (Amoeiro, Cea, Pontevedra, Poio…), folións (Petín, Tameirón…), Os Liborianos
14.00 hnos restaurantes – XANTAR DA CACHUCHA
Charanga Doctor Anchoa – Charanga CLK – Charanga Castro Bello – Grupo Tokaide
17.30 h polas rúas – GRAN DESFILE DE FOLIÓNS, COMPARSAS E CHARANGAS
Os da Caña de Marín, Solfamidas de Campo Lameiro, As Sonecas de Campelo, Os Rexoubeiros de Ourense, O Son da Pedra de Pontevedra, comparsas de Amoeiro, de Cea, folións de Petín, de Tameirón, de Chandrexa de Queixa… ademais das comparsas da vila.
19.30 na Praza Maior GRAN BAILE – ORQUESTRA AMÉRICA