Expourense acollerá o 60º Campionato de España de Atletismo Absoluto Short Track do 16 ao 18 de febreiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O 60º Campionato de España de Atletismo Absoluto Short Track celebrarase na “mellor pista de atletismo cuberta de España, a de Expourense” do 16 ao 18 de febreiro. Xa son oito os campionatos de España celebrados e tres campionatos de España absolutos dende a inauguración da pista en decembro de 2016.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Destacan os nomes dalgúns dos mellores atletas do mundo que se darán cita en Ourense como Mo Katir, Jordan Díaz, Esther Guerrero, Mariano García, Mario García Romo, Marta Pérez, Jaël Bestué ou Asier Martínez. Pero, especialmente, sinalou aos atletas galegos que se atopan nun excepcional momento de forma nun ano tan importante no que de contado chegaremos ao Mundial de Glasgow, pero sobre todo no que viviremos uns Xogos Olímpicos nos que, de seguro, haberá grandes éxitos galegos. Deste xeito mirou con confianza a participación neste Campionato de España Absoluto de Adrián Ben, Ana Peleteiro, Saleta Fernández, Belén Toimil ou Leticia Gil.

Grazas ao traballo de todos, na última década pasamos de 4.300 licenzas de atletismo en 2012 a preto de 11.000 en 2022. Hoxe Galicia conta con 130 clubs de atletismo repartidos por toda Galicia -45 na Coruña, 17 en Lugo, 23 en Ourense e 45 en Pontevedra- sendo a federación galega con máis clubs tan só por detrás de fútbol, ciclismo, caza, baloncesto e patinaxe. Ademais xa son 75 os atletas recoñecidos pola Xunta en diferentes categorías, e dentro deles son 50 os deportistas galegos de alto nivel de atletismo.