Fabiola García agradece a Special Olympics por alentar as ganas de superación das persoas con discapacidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A conselleira de Política Social e Xuventude participou esta mañá na entrega de premios da 28º edición do certame de Postais de Nadal

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Felicitou aos máis de 900 participantes nesta edición e agradeceu á trintena de entidades que os animaron a presentar as súas creacións

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou esta mañá na entrega de premios da 28º edición do certame de Postais de Nadal de Special Olympics. Durante a súa intervención agradeceu a esta entidade por alentar as ganas de superación das persoas con discapacidade, por crear momentos en familia e celebrar o deporte inclusivo.

A conselleira felicitou aos máis de 900 participantes desta edición e a máis dunha trintena de entidades participantes por animar ás persoas con discapacidade a presentar os seus proxectos e demostrar do que son capaces. Neste sentido, lembrou que este certame axuda a que a sociedade no seu conxunto lembre o importante que é ter en conta a perspectiva da discapacidade e dar visibilidade ás súas capacidades.

Fabiola García sinalou que o Goberno galego seguirá estando o carón das entidades sociais para avanzar xuntos cara un mundo máis xusto, igualitario e solidario. Así mesmo, destacou que son moitos os avances logrados durante os últimos anos, pero que a Xunta non se conforma e seguirá impulsando máis medidas para garantir a plena inclusión das persoas con discapacidade.