A Deputación aproba as bases e convocatoria dos premios VII Rodolfo Prada á xestión cultural 2024 e do XI Premio Estatuto de Autonomía de Galicia de debuxo e redacción

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A xunta de goberno da Deputación aprobou esta mañá as bases e as convocatorias de dous certames provinciais. Por unha banda, o XI Premio Estatuto de Autonomía de debuxo e redacción escolar, que este ano ten por lema “A defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego”. Por outra banda, aprobáronse tamén as bases e convocatoria do VII Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2024, que está dirixido a persoas, tanto profesionais como afeccionadas, proxectos ou colectivos, que se signifiquen pola xestión de iniciativas de carácter cultural e que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma Galega ou fóra de Galicia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No que respecta ao XI Premio Estatuto de Autonomía de Galicia, na súa modalidade de debuxo, está destinada ao alumnado de Educación Infantil e Primaria, así como ao de Educación Especial. No que atinxe á súa modalidade de redacción, está pensada para o alumnado de ESO, Bacharelato e FP. O prazo de presentación dos traballos rematará o 22 de marzo. Os premios consistirán nun diploma e lote de libros para os 20 mellores debuxos; así como un diploma, lote de libros e viaxe a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia para os 20 mellores traballos de redacción.

No tocante ao VII Premio Rodolfo Prada, a Deputación colaborará directamente cos proxectos gañadores, cunha aportación de 3.000€, 2.000€ ou 1.000€, contemplándose tamén un premio de 1.000 euros para cada unha das catro provincias galegas. Tamén haberá un premio especial para a iniciativa cultural de fora de Galicia. O prazo de presentación remata o 5 de abril.