Ribeiro en Común denuncia unha obra do Sergas no ambulatorio de Ribadavia

Denunciamos a obra ilegal do SERGAS no ambulatorio de Ribadavia.

Trátase dunha obra sen licencia, sen comunicación previa, e sen pagar as taxas obrigatorias.

AVANTAR ACTIVIDADES

As obrigas que calquera veciño temos que cumprir, son incumpridas por parte da Xunta e o Concello, que actúan contra todo dereito.

Ribeiro en Común estamos investigando se existía consentimento encuberto por parte do goberno local no proceder ilegal da Xunta no centro de saúde de Ribadavia. O noso grupo ten constancia desta obra polo menos desde a semana pasada, cando os veciños nos preguntaron que estaban a facer no ambulatorio.

Ribadavia a 5 de febreiro 2024.

No Concello de Ribadavia non consta ningún tipo de comunicación por parte do SERGAS/XUNTA sobre a obra que está realizando de maneira ilegal no Centro de Saúde.

Consideramos que esta forma de actuar por parte das administración públicas é indecoroso.

Xustamente quen debe dar exemplo, incumpre todas as normas que os veciños e veciñas estamos obrigadas a cumprir.

Trátase dunha obra que se está realizando no soto do centro de saúde de Ribadavia, coa ocupación do seu aparcadoiro por maquinaria e colectores de obra, onde unha retro- excavadora está depositando desentullo de paredes previamente derrubadas.

Tras terse comprobado que non existe comunicación no CONCELLO DE RIBADAVIA por parte do SERGAS/ XUNTA, algo que nos parece inadmisible para unha Administración Pública. Máis grave cando todo parece indicar que a alcaldía debía coñecer esta obra, pública e notoria, xa que se realiza no mesmo horario que a da propia actividade sanitaria, e ocupando case a totalidade do aparcadoiro público do noso ambulatorio.

Se o alcalde coñecía esta obra do SERGAS sen permiso municipal, estariamos diante dunha actuación moi grave.

Se o alcalde descoñecía esta obra, entón peor, pois significaría que nada do que se faga no Centro de Saúde por parte da Xuta e SERGAS é consultado nin informado ao Concello.

Non hai escusa para esta forma de proceder, pode que mentiras, pero a realidade é a que é.

Ribeiro en Común solicitamos:

1º. Que a Alcaldía restitúa a legalidade nesta obra. Tomando medidas cautelares, como paralizar a obra, se fora preciso.

Para o cal pedimos a intervención dos servizos técnicos para que se presenten en dita obra e levanten acta.

2º. Que se obrigue ao SERGAS e XUNTA a cumprir a norma municipal e urbanística, que a obra se axuste a legalidade urbanística e fiscal, xa que entre outras moitas cousas, a Xunta está evitando o pago das taxas de obra obrigatorias.