O grupo municpal socialista proporá á cirurxiá Ana Pastor, á futbolista Vanessa Sotelo e á gaiteira Cristina Pato como candidatas ao premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As edís consideran indiscutible a traxectoria e profesionalidade das tres candidatas e que merecen un recoñecemento público por ser referentesnos seus eidos e para todas as mulleres

Ademais, presentará no Consello Municipal de Igualdade una batería de propostas para conmemorar o 8M tales como a organización dunha carreira ou evento deportivo solidario ou diferentes exposicións e actividades de concienciación e sensibilización

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 6 de febreiro de 2024O grupo municipal socialista proporá no Consello Municipal de Igualdade para conmemorar o vindeiro 8M a revalorización do parque de Reza coa organización dun acto no mesmo, a organización dunha carreira ou evento deportivo solidario e que en todos os centros cívicos se programen actividades que sirvan para poñer en valor o papel da muller na sociedade.

Nesta liña, as socialistas defenden que Ourense debería contar con algunha exposición que aborde a traxectoria de figuras femininas que romperon teitos ou abriron camiño puidendo tratarse dunha exposición fotográfica ou de debuxos infantís, en diferentes espazos da cidade e nos autobuses, ou apostando pola arte urbana con graffitis feministas.

Por outra banda, a educación e concienciación debe estar presente en todos os ámbitos da sociedade e as edís do PSdeG consideran imprescindible que lugares como a ludoteca pública de As Lagoas, as asociacións veciñais sirvan para acoller actividades ou mesas redondas nas que se reflexionen sobre eidos como a linguaxe inclusiva, sobre se o sexismo contribúe a desigualdade ou para que as mulleres poidan compartir experiencias laborais e expoñer a súa opinión sobre como se podería acadar unha equidade real e efectiva no traballo.

Insisten, unha vez máis, na importancia de poñer en marcha o rueiro feminino, comezando por Olga Gallego pero extendéndoo ao resto de propostas que se fixeron no mesmo.

Por outra banda, o grupo municipal socialista proporá a cirurxiá Ana Pastor, á futbolista Vanessa Sotelo e a gaiteira Cristina Pato como candidatas ao Premio Clara Campoamor polas súas máis que recoñecidas traxectorias, incluso máis aló das fronteiras españolas.

No que se refire á Ana Pastor, destacan a súa formación e traballo desinteresado en favor da sociedade, así como a súa implicación na formación doutros profesionais médicos en países con escasos recursos. Actualmente exerce a neurociruxía no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e foi pioneira no uso do TAC en operacións de columna, craneais e diferentes tumores, ademais de ser autora de numerosas investigacións.

O seu labor recibiu xa varios recoñecementos entre os que se atopa o do Centro de Saúde San Camilo, no marco da sexta edición dos Premios Humanizar.

De Vanessa Sotelo subliñan a súa capacidade de esforzo para facer un oco nun deporte predominantemente masculino e o seu amplo palmarés de premios: estivo nomeada como mellor xogadora do mundo nos anos 2014, 2015 e 2020, foi pichichi da liga española en 2018 e dúas veces “bota de ouro” nos mundiais disputados en Costa Rica e Guatemala.

No ano 2019 participou na primeira Eurocopa de fútbol sala feminino, sendo a primeira xogadora en marcar un gol. Tamén foi elixida mellor xogadora do torneo e rematou coa medalla de ouro. As socialistas lembran que se trata dunha profesional que comezou a súa andadura no club Ponte Ourense, e tras varias tempadas no Cidade das Burgas, foi fichada por outros clubes nacionais.

Así memsmo, a figura de Cristina Pato exténdese máis alo do recoñecemento no mundo da música. Como educadora, desenvolveu o seu propio camiño para facer uso das artes como unha ponte de colaboración entre as humanidades e as ciencias en varias institucións académicas. Dende o 2016 colabora con diferentes universidades para levar a cabo proxectos de colaboración entre departamentos e disciplinas.

Actualmente, divide o seu tempo entre Nova York e Galicia, é autora de varios discos propios e colaborou cos máis destacados músicos no ámbito internacional.