O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase este venres ata o concello do Carballiño, pola mañá estará aparcado no IES Chamoso Lamas, das 10:00 horas ata as 14:00 horas. Pola tarde e o sábado estará instalada na Pista Vermella.
Lembramos a importancia de colaborar ca doazón de sangue para manter as reservas dos hospitais.
Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.