Marta Lois: “Hai dous escanos que se están xogando co PP. Vai haber cambio histórico no país”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A candidata  de Sumar Galicia  á Xunta, Marta  Lois, estivo este martes en Ourense xunto co portavoz    de Sumar no Congreso, Íñigo Errejón, e membros da candidatura ourensana.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nesta recta final da campaña, a candidata quixo insistir na importancia da mobilización  do electorado  para  facer posible  un goberno  a tres na Xunta de Galicia.   “Sumar  Galicia  está  xogando   un  rol  moi  decisivo  para  un  cambio político no país”, afirmou.

“Hai  dous escanos que se están xogando  co PP. Ou o Partido Popular leva eses dous escanos ou os leva Sumar Galicia”, insistiu Lois.

“Vai  haber  cambio  histórico  no  país.  Vai  haber  políticas  que  defendan  os dereitos  das  mulleres,  os  dereitos  e  as  políticas  para  xente  moza,  para  as familias traballadoras. É o momento de apertar, de convocar a todas as galegas e galegos  progresistas.  Porque,  se van votar como se votou o 23 de xullo,  hai cambio”.

A candidata de Sumar Galicia tamén urxiu ao candidato do PP, o señor Alfonso Rueda, que dese explicacións sobre as declaracións do líder da súa formación, Alberto  Núñez Feijóo, estes últimos días. “Ten que dar explicacións, de por que dicían que a amnistía ía romper España e agora  o seu xefe di que estaban en conversas para indultar a Puidgemont”, reclamou Lois. “Son uns mentireiros, son uns hipócritas”, engadiu.

Pola  súa parte,  o portavoz  de Sumar no Congreso,  Íñigo  Errejón sinalou  que esta situación é “a consumación da enésima mentira na que o PP foi cazado”.

“O PP dixo que non se podía falar coas formacións independentistas catalanas e estaba a negociar un acordo de investidura. Dixo que os indultos foran un erro, que non se podían conceder en ningún caso e estaba disposto a concederlle un a  Puidgemont”,  criticou.  “O máis relevante  de  todo  isto é que,  outra  vez,  o Partido Popular mentiu”.