Catro recoñecidos artistas galegos mostran o seu apoio a Alfonso Rueda: “Unha rueda que nos fai rodar a todos nós”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os artistas galegos mostran o seu apoio ao presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, nun vídeo no que agradecen o apoio recibido polo Goberno galego nestes anos no impulso da creación e difusión da arte galega e reivindican o bo momento que vive o tecido cultural de Galicia.

O escultor ourensán Acislo Manzano reivindica que “os artistas son valiosos para o Goberno” e que este á súa vez tamén o é para eles na medida en que “ofrece liberdade e apoio”. O cal constitúe para el “a esencia galega” e un elemento fundamental para que os artistas poidan traballar por e desde Galicia: “Non hai que ir a Nova York, nin a París, nin a Roma porque en Galicia temos o que esa xente non ten”. E no que se refire ao presidente non dubida en afirmar: “É unha gran rueda que nos fai rodar a todos nós”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nesta mesma liña, o pintor lalinense Antón Lamazares considera que o programa de Alfonso Rueda vai na liña de “multiplicar a cultura” e que iso supón tamén “defender a casa grande que é Galicia” do mesmo xeito que fixera no seu día o presidente Manuel Fraga.

“O Goberno galego apostou claramente polas diferentes sensibilidades artísticas que hai en Galicia e asignou, por primeira vez en moito tempo, un papel fundamental ás ensinanzas de Arte”, sostén pola súa banda o tamén pintor César Taboada recordando a creación de novas escolas e centros artísticos “con todos os elementos da contemporaneidade”. O artista ourensán engade neste sentido: “Temos todo en Galicia, sen ter que saír de aquí”.

Por último, o escultor cambadés Manolo Paz recoñece abertamente que todo o que pode dicir da xestión cultural do Goberno galego é positivo, na medida en que no seu caso persoal contou co apoio que precisaba para poder levar a cabo un proxecto “moi ambicioso” de expoñer a súa obra en tres lugares catalogados como Patrimonio da Humanidade. “Somos galegos e debemos demostralo coa nosa cultura”, conclúe.