De novo o trasvase de votos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Herminio Iglesias

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Todo seguirá igual nesta terra. Confírmase que os galegos somos conservadores por natureza. Cinco maiorías absolutas son moitas. Polo que dende a chegada da democracia, neste Ourense, sempre mandaron os de sempre.  Na Deputación levan toda a vida e, salvando uns catro anos, nas demais institucións tamén.  O PP  saíu reforzado dunhas eleccións convocadas no tempo do Entroido. A mobilización que se supoñía lle daría máis votos á esquerda,  resultou ser un acicate  que moveu á dereita e reforzpu a súa presenza,  pois o número de votos dos conservadores aumentou. O BNG mellorou moito os seus resultados, mais fíxoo, como xa aconteceu noutros procesos, a costa do PSOE.  Polo que o trasvase  sempre acontece no chamdo voto da esquerda. Mentres o PP non cede ningúnha papeleta. Mellor, perdendo dous escanos,  aumenta o seu peso en votos  nesta terra galaica.  Se a caso,  no único lugar onde perde algo, pero acada os mesmos representantes,  é en  Ourense. Pois nesta provincia o grupo de Jácome ten  representación.

Atrás quedan os problemas sanitarios, as listas de espera, o voto  dos populares contra a devolución da Autovia de peaxe que vai de norte a sur nesta terra, os graves problemas que ten o sector primario e o rural galego, e un sin fin de asuntos máis que non procede mentar.

Os galegos somos xente de paz, tranquila e moi comedida pra  dar pasos  cara ter unha mellor consideración social  e reforzar o noso nivel de vida. Témoslle medo ó futuro. Somos, polo tanto, moi fieis co chamado conservadurismo que soamente oferta un continuismo raquítico e miserento.

Hai uns días, nun acto político,  un candidato dicía que a Galicia faltáballe na súa estructuración política unha forza que fora  quen de quitarlle votos ó PP. E poida que teña moita razón. Pois os populares semella que non teñen límite electoral nesta terra. Pois non hai quen lles entre no saco pra restarlle apoios. Certo é que a campaña moderada da señora Pontón, esquecendo soberanías e póndose a falar do que é a realidade social do país, amosou un BNG máis amabel. Un Bloque que está máis perto dos problemas dos cidadáns. Con todo dudo que eso sexa o suficiente pra manter e crear unha ilusión que os leve cara un trunfo electoral e a gobernar en san Caetano.

O trasvase de votos ven acontecendo en Galicia  con certa frecuencia. Pois cando o PSOE baixa sube o BNG, e cando veñen as eleccións do Estado  o voto toma outra dirección. Ben sei que entrarlle no saco ó PP semella hoxe unha tarefa moi complicada.  E que o BNG, pola súa configuración interna e ideolóxica,  é dificil  que sexa capaz de situarse nunha liña reivindicativa que non lle meta medo e  arrede  do voto a moitos galegos. Tamén semella  moi complicado  argallar unha forza política como foi Coalición Galega pra que lle dispute o voto ós populares. Galicia, cos resultados deste 18 F,  amosou que é fondamente conservadora e que non se fía das ofertas que lle fai a esquerda. Polo que o acontecido nestas eleccións debera ser  motivo dunha fonda reflexión. Debera ser  o acicate  pra que moitos pensen no pais real e deixen de soñar cun pais imaxinario que é o que ven acontecendo hai moitos anos. Ou sexa:  baixar a realidade e poñerse á altura dela e traballar por mellorala chanzo a chanzo. Pois pode que en futuras convocatorias electorais volva a acontecer o trasvase de votos sin entrarlle no saco dos votos ós populares.  O camiño que marcou Ana Pontón pode ser a liña  a seguir, mais aínda hai moito que pulir e moderar  pra engaiolar á maioría social dos galegos.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas