Espazo Común solicitará en pleno que o concello do Carballiño poña en marcha unha campaña de vantaxes para os empadroados

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación de Espazo Común solicitará no vindeiro pleno que o concello do Carballiño poña en marcha unha campaña de vantaxes para os empadroados neste municipio. O texto completo da moción é o seguinte:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“No Carballiño, coma en calquer outro lugar, hai moitas frases recurrentes cando se trata calquer asunto que teña que ver coa xestión do público. Algunhas incluso, son repetidas constantemente polos xestores do goberno de turno.

„Aquí vive moita xente que está censada noutros concellos e non paga aquí os seus impostos“ é unha das clásicas.

„Imos facer unha campaña para promover o empadroamento“ é outra aínda máis recorrente.

A primeira é absolutamente certa. A segunda só un brinde ao sol de tantos aos que xa estamos acostumados.

A realidade do Carballiño é que as cifras de poboación están estancadas por baixo dos 14.000 habitantes e o que é moito peor, o crecemento vexetativo (diferencia entre nacementos e falecementos) é escandalosamente negativo.

Levamos tempo agardando a que se tomen iniciativas que fomenten as gañas ou a necesidade de que moita xente que habita aquí e emprega a diario os nosos servizos públicos se cense no municipio. 

Prioridade no acceso ás axudas ou ás instalacións municipais, descontos en servizos do Concello… son incontables as iniciativas que se poden levar a termo neste senso.

Os beneficios para a veciñanza non fai falla explicalos. Se queremos unha vila ambiciosa, que queira medrar e que mire ao futuro, temos que recuperar o antigo obxectivo de achegarnos aos 15.000 habitantes.

Só polo aumento que isto suporía nos ingresos doutras administracións xa paga a pena”.