Alfonso Rueda considera que a suba en votos do PPdeG en Ourense é a recompensa ao intenso traballo feito polo partido na provincia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe, na Xunta Xestora Provincial do PP de Ourense acompañado polo líder do partido na provincia, Luis Menor, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

●         Os populares galegos aumentaron o seu apoio na provincia en comparación coas eleccións autonómicas de 2020 ata acadar unha porcentaxe de voto moi próxima ao 50%

●         O presidente asegura que o pasado 18 de febreiro Galicia rexeitou unha forma de facer política baseada na chantaxe e nos privilexios para uns poucos e, en cambio, apostou maioritariamente pola responsabilidade, o sentidiño e a superación

●         Luis Menor reivindica que o partido mantén os 8 deputados e que os resultados acadados “non son froito da casualidade, senón a lóxica consecuencia da extraordinaria mobilización”

21 de febreiro de 2024. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe o intenso traballo do PP de Ourense ao longo destes anos, e especialmente durante os últimos meses, e apuntou como resultado do mesmo o incremento no número de votos acadado na provincia respecto ás últimas eleccións autonómicas.

A pesar da renovación experimentada pola candidatura que encabezaba Elena Rivo, os populares galegos aumentaron o seu apoio na provincia en comparación co ano 2020 ata acadar unha porcentaxe de voto moi próxima ao 50%. Destacando especialmente o caso de Verín –onde a suba supera o 10%– e dunha ducia de concellos onde se acadou o pasado domingo un apoio de máis do 70% á lista do PP –en Quintela de Leirado, ata un 90%–.

O líder dos populares galegos asegurou que estes resultados son o mellor impulso para continuar co traballo ben feito e por iso agradeceu ao líder do partido na provincia, Luis Menor, a súa capacidade para pilotar unha transición que foi posible grazas á xenerosidade de todos.

Ante a Xunta Xestora Provincial do PP de Ourense, Rueda sostivo que a vitoria do PPdeG o pasado 18 de febreiro foi a constatación de que Galicia rexeita unha forma de facer política baseada na chantaxe e nos privilexios para uns poucos e, en cambio, aposta maioritariamente pola responsabilidade, o sentidiño e a superación.

Explicou ademais que a nova lexislatura estará chea de ilusión por construír a Galicia do futuro e por iso pide aos seus que sigan escoitando aos veciños e continúen facendo do bo Goberno e da boa oposición as sinais de identidade do PPdeG. Porque só así, traballando por mellorar a vida da xente, se garante que Galicia siga funcionando.

LUIS MENOR: “DIXEMOS QUE OURENSE NON ÍA FALLAR E NON FALLOU”

Luis Menor comezou a súa intervención lembrando que durante a campaña prometera que Ourense non ía fallar e “Ourense non fallou”. Así, destacou que 1 de cada 2 ourensáns votou ao Partido Popular e que isto se traduciu en que a formación conseguise na provincia máis votos que a suma de todas as formacións políticas que obtiveron representación no Parlamento de Galicia. O cal permitiu manter os 8 deputados conseguidos na anterior lexislatura.

Para o líder dos populares ourensáns a vitoria do PP de Ourense ten un valor especial no contexto galego pois, ademais das forzas políticas que se presentaron a estas eleccións en toda Galicia, “na provincia de Ourense tivemos que enfrontarnos a unhas siglas máis”. Con todo, subliñou, estas non conseguiron ser chave para formar goberno en Galicia: “O único deputado que conseguiron déixaos na máis irrelevancia política no Parlamento”.

Con estes resultados –”que non son froito da casualidade, senón a lóxica consecuencia da extraordinaria mobilización”; apunta Menor– o PP de Ourense adquire o compromiso de “cumprir coa palabra dada, sen renunciar nin deixar a ninguén a bandeira da reivindicación que nos deu a veciñanza”.