O concello do Carballiño ultima todos os preparativos para a celebración da 29ª Festa da Cachucha deste domingo, 25 de febreiro. Os actos comezarán ás 11.30 horas co Desfile de Folións, Comparsas e Charangas no que participarán as comparsas de Amoeiro, de Cea, de Pontevedra, de Poio, Folións de Petín, de Tameirón, Os Labregos de Trives e Os Liborianos
Ás 14.00 horas dará inicio o Xantar da Cachucha en 21 restaurantes do municipio, cun menú especial para esta xornada. Os restaurantes xa anuncian un cheo completo para este xantar, que estará amenizada por Charanga Doctor Anchoa, CLK, Castro Bello e o Grupo Tokaide.
Pola tarde, ás 17.30 horas, comezará o Gran Desfile de Folións, Comparsas e Charangas coa participación de Os da Caña de Marín, Os Sulfamidas de Campo Lameiro, As Sonecas de Campelo, Os Rexoubeiros de Ourense e O Son da Pedra de Pontevedra e as comparsas do Carballiño e comarca. Ás 19.30 horas celebrarase un gran baile na Praza Maior amenizada pola orquestra América de Vigo. Toda esta programación está suxeita ás condicións climatolóxicas.