Antón Rodicio fai un percorrido polos diferentes tipos de presas nunha exposición fotográfica no Centro Cultural Marcos Valcárcel

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O autor fará unha visita guiada á mostra “Presas: la fuerza domesticadora de lo grande”, todos os xoves ás 19.00 horas 

Ourense, 21 de febreiro de 2024.-Esta tarde, tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense a inaguración da exposición fotográfica “Presas: la fuerza domesticadora de lo grande”, de Antón Rodicio, á que asistiu o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández. Desde cativo, o autor sentiuse fascinado polas presas. Pola súa magnitude, o seu simbolismo, o seu potencial destructor, unha beleza recollida nunha colección de 24 fotografías que dende hoxe forman parte da exposición “Presas: la fuerza domesticadora de lo grande” e que pode verse no Centro Cultural Marcos Valcárcel. 

Rodicio fotografía e explica as claves das presas de gravidade, das presas de arco de gravidade ou das presas de dobre curvatura e conta algunha historia pouco coñecida sobre os perigos que nalgún momento algún accidente pudo ocasionar na nosa contorna. 

Tamén rende homenaxe aos enxeñeiros que deseñaron estes proxectos singulares e moitos deles pioneiros. Naturalmente, non podía esquecerse dos homes e mulleres que viron como os seus fogares e recordos quedaron asulagados polas augas. 

A exposición poderá visitarse no Centro Cultural da Deputación dende hoxe ate o día 31 de marzo. O propio autor realizará visitas guiadas á exposición todos os xoves, ás 19:00 horas