Avantar organiza para este domingo “Tasca e literatura”

A Agrupación Cultural Avantar organiza unha nova edición da súa iniciativa cultural “TASCA E LITERATURA”. Esta nova edición será este vindeiro domingo 25 de febreiro ás 12.30h na Bodega de Flores.

Neste caso contarán coa participación de Belem de Andrade, Concha Rousia, Moncho Iglesias, Paulino Peña e Andrés Fernández. Dende a asociación quixeron convidar a todos a participar neste evento, que conta con música e recital, e no que pode participar calquera de xeito espontáneo.

AVANTAR ACTIVIDADES