O Carballiño: A rúa Conde Vallellano nos anos 60. Comercios e profesionales

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Serán posibles as publicacións sobre o Carballiño dos anos 60, porque Santiago Cacho Rodríguez accede a darnos o consentimento para utilizar o seu blog:

O CARBALLIÑO, CALLEJERO AÑOS 60 (asruasdocarballino.blogspot.com)

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Con este blog, Cacho tratou de lembrar e homenaxear aos comerciantes e profesionais que, coas súas respectivas actividades, contribuíron a manter viva a vila, na época da existencia da última rondalla da vila carballiñesa, e do grupo de música pop – rock “Los Poker”

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é Santiago-Cacho-callejero-2.jpg

Este grupo de mozos, moitos deles alumnos de Don Juan Corral, amenizaron os entroidos dos anos sesenta cos seus desfiles e actuacións durante tres anos. 

A crónica da curta existencia de ambas formacións queda contida no blog:

https://pulpopokers.blogspot.com/2019/08/lospoker.html

Os documentos escritos que Cacho inclúe no seu blog “Carballiño. Callejero años 60” proceden da prensa da época (Faro de Vigo e La Región), da revista “Ambiente” e, sobre todo, das actas de xuntas municipais e plenos e dos programas de festas de San Cibrao.

A maioría dos antigos documentos gráficos empregados no citado blog proceden da publicación de Miguel Anxo Fernández: “Vellas Historias Vellas Fotografías 1870 – 1970” (1992). Tamén se utilizaron fotos do álbum de Xosé Manoel Rodríguez González (Pichi): “O Carballiño 1869-1979 Álbum Fotográfico da Vila do Arenteiro” (2010), de José Luis Diz: “Xentes do Carballiño 1890 – 1990” (2016) , de “Potiños”: “O Carballiño, Industria e Comercio – 1925-1995″ (2019), cuxa selección e recopilación fotográfica foi feita por José Luis Diz Rodríguez e Manuel Blanco Guerra ” Celta “, e algunha achega de Moncho Fuentes.

A parte das fotografías propias do redactor, importante foi a achega de fotografías dos familiares dos comerciantes e profesionais citados.

BADAL NOVAS

Da grazas por poder dispor do dito blog e publicalo no noso medio, traducindo ao galego as notas e comentarios que aparecen en castelán no blog orixinal, completando ca nosa propia información sobre os profesionais e comerciantes e engadindo as novas fotos que achegaron os seus familiares. Agradecemos as fotos de MONCHO FUENTES e, sobre todo, as aportadas polo profesor do IES Nº1 JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO e o grupo de alumnos do curso 1991-92 ( Jaime Pérez, Patricia Paniagua, Mª José Vázquez, Encarna Rodríguez e Susana Rey ) que cursando a asignatura de Deseño fixeron un traballo sobre o urbanismo do Carballiño.


A este tramo da estrada de Barbantes a Pontevedra coñecíallo co nome de “Arquímides”. En 1890, Asignóuselle o nome de “Miño”. Posteriormente, a rúa adxudícase ao político madrileño Suárez de Tangil “Conde de Vallellano”

Contribución urbana, 1924

Fernando Suárez de Tangil y Angulo (Madrid, 3 de agosto de 1886- ídem, 6 de setembro de 1964), tamén coñecido como o Conde de Vallellano, foi un avogado e político español, alcalde de Madrid durante a ditadura de Primo de Rivera e ministro de Obras Públicas durante a ditadura franquista. (Wikipedia).

O que foi gobernador civil de Ourense, favoreceu como ministro de Obras Públicas a traída de augas a Carballiño e a creación da piscifatoría. Motivo polo que a a corporación municipal declarouno Fillo Adoptivo de Carballiño en 1952 e decidiu bautizar co seu nome a Estrada de Ourense.

Respuesta oficial a las condolencias de O Carballiño por la muerte de Conde Vallellano

 

Conde de Vallellano
Respuesta a la apremiante misiva del señor alcalde, solicitando ayuda para la traída de agua a Carballiño, 1962  

1   BARBERÍA FIDEL 

A barbaría de Fidel Cavo tiña tamén entrada por General Mola (Hoxe Curros Enríquez).


2       CASTAÑEROS

Calzados Munín tiña a súa entrada por José Antonio (Rosalía de Castro), 24 e un amplo escaparate por Conde Vallellano, a cuxa beira, nun recuncho, adoitaban estacionar as súas máquinas de asar castañas Daniel Fuentes, domiciliado na Carreira, e Ramón Pérez.

Permiso de venta ambulante. 1965

3 XAMONEIRO AVELO

O xamoneiro AVELINO GONZÁLEZ TORRES, oriúndo de Dacón, por todos coñecido como “ Avelo”, estaba casado con ROSA ÁLVAREZ CAMPO.

O matrimonio tivo dous fillos: SUSA (futura esposa de Arturo Bravo, o da mueblería) e JOSÉ, familiarmente coñecido como “ PEPUCHO”.

MESÓN DO XAMÓN

Ao falecer os seus pais, ” PEPUCHO” montou o “Mesón do Xamón” coa súa esposa CONCHA BRAVO (sen parentesco algún co seu cuñado Arturo, a pesar de levar o mesmo apelido).

” Pepucho” e Concha tiveron catro fillos: Carlos, José, Eduardo e Juan, quen segue a cargo do bar.


4   BAZAR, LOTERÍAS PRADA

Antonio Prada Trabado e María Bravo Pérez formaban o matrimonio propietario do bazar sito no número 4 de Conde Vallellano, con artigos de viaxe e expendeduría de loterías.

Revista Ambiente, 1953

5   FERRETERÍA MATEOS

O matrimonio propietario da ferretería Mateos, Don Rogelio Mateos Enríquez (natural de Roales, Zamora) e Dna. Jesusa Reinoso Abraldes ( nacida en Carballiño)

O matrimonio tivo 6 fillos. Dous mozos: Rogelio (Roge), Pepe (Pepiño).

     Cuatro mozas: Jesusa (Jesu), Angelina (Ange), Matilde (Matuca) y Agustina (Agus).

Ange, Matuca, Agus, Jesu.
Programa de fiestas de septiembre
Permiso de obra, 1962

        A mediados dos anos 60, o señor Mateos abriu un anexo na rúa Perfectino Viéitez.

Permiso para modificar fachada del 22 de Perfectino Viéitez. 1966

6   XAMONEIRO «MANTECAS»

Coñecíaselles por este sobrenome a PERFECTO JUSTO, xamoneiro de profesión. O seu fillo JOSÉ proseguiu co negocio, mentres que o seu irmán JULIO dedicouse ao transporte.

Prórroga de permiso de construcción. 1965

7   TEJIDOS RAFAEL

Ocupábanse do comercio RAFAEL PEREIRA e a súa esposa MARUJA FERNÁNDEZ, pais de Rafael, Juan José e María Dolores. .


8 AMADOR

    AMADOR FERNÁNDEZ SANMAMED tiña representación de máquinas de coser, en especial a Singer.

Permiso para letrero.1957

9   EMPRESA CAMPINAS

Esta empresa de transportes regulares a Santiago por Irixo e Cea pertencía a MANUEL CERDEIRA TABOADA, ao que se coñecía co sobrenome de “O Campinas”,

“ Campinas” e a súa esposa AMALIA RODRÍGUEZ foron pais de Lola, José Luis, Teresa e Gonzalo.

Revista Ambiente 1956

A empresa coñeceu algunha dificultade no exercicio das súas competencias.

Gonzalo con el equipo de balónmano

10   ESTANCO SANTALICES

As irmás SANTALICES atendían o estanco. Anos antes, tamén se dedicaban ao ensino e tiñan a escola na parte posterior do edificio.


12 – 12a  PELEXEIRO 

O profesional do ramo, BERNARDINO GONZÁLEZ CONDE, estaba casado coa súa curmá ROSA GONZÁLEZ.

O matrimonio tivo dúas fillas: JULITA e CARMIÑA, profesora en Vigo.

Rúa Conde Vallellano. Julita “Pelexeiro”, Lola Cacho.

13   COMESTIBLES ARTEMIA

A dona do establecemento era unha persoa maior, a amable señora ARTEMIA FALCÓN.

Baja como despacho de vinos. 1959.

14   FONTANERO RAMIRO

Ramiro Francisco Pereira tiña a entrada do taller pola rúa Aldara.


15   BAR “SOLDADO”

O propietario do bar, DOMINGO FRANCISCO ROCA, familiarmente coñecido no pobo polo alcume de “O Soldado” tivo tres fillos: Carmina, Mª Jesús e Javier.

Los “Soldado” con amigos.
Permiso de obras de ampliación del edificio. 1962
Lola Cacho, Carmiña “Soldado”

16   HOTEL BAR “PITUXO”

Este establecemento, ao mesmo tempo bar e hospedaxe, era coñecido no pobo pola súa excelente cociña caseira. Pertencía a JESÚS NOVOA SOBRINO e á súa esposa PURIFICACIÓN VILLAR BLANCO.

Permiso para construir terraza.1958
Permiso para alzar un piso en el edificio. 1959

Sucedéronos no negocio os seus fillos José e Concepción .

Permiso de ampliación, 1962

O marido de Conchita, RAMÓN RODRÍGUEZ PÉREZ tiña taxi e negocio de coches de alugueiro.


17   EMPRESA CAMPINAS, cocheras


Vecino del primer piso. Enero 1966

19   PIENSOS MOURE  

Pensos Moure de Ourense abriu en Carballiño este almacén, cuxa xerencia estaba a cargo de MANUEL BLANCO.

Permiso para rótulo. 1965

MÁRMOLES FONTÁN

O profesional MAXIMINO FONTÁN FERNÁNDEZ era o propietario da marmorería

Foto de Moncho Fuentes Allen Zimmerman
Permiso para retejar, 1962

21  MÉDICO ETELVINO PEREIRA

Don Etelvino Pereira Seisdedos tiña a consulta no seu domicilio.

Exerceu durante un tempo a función de director do balneario de Partovia.

Acta de junio de 1961

23  ELECTRICIDAD «GAMALLO»

A tenda de electricidade “ Gamallo”, propiedade do matrimonio JOSÉ GONZÁLEZ PEREZ e a súa esposa DOLORES PINAL, ofrecía ademais de material eléctrico, todo tipo de electrodomésticos e de artigos de bazar. O matrimonio tivo 4 fillos: Mª Dolores, Purita, Adela, Pepe.

Revista Ambiente, 1953

Permiso para rótulo luminoso. 1965
Programa de fiestas de septiembre

Pepe “Gamallo” con la rondalla de los POKER, 1963

25  BAR LOIS, “SIN NOMBRE” 

O propietario da casa aquí situada era Rogelio Sieiro, coñecido familiarmente no pobo como “O Catrena”.

Permiso para retejar. 1962

O café-bar Lois, popularmente coñecido como o bar “ Sin Nombre”, rexido por EUGENIO MONTERO SAAVEDRA pechou as súas portas en 1965.

Baja empresarial.1965

REPUESTOS “MIROS”

Cando o sucesor de Cesáreo Sobrino, o seu xenro Luís Pardo, traspasou o negocio de repostos do automóbil a Gonzacoca, o encargado do comercio CASIMIRO RODRÍGUEZ ALONSO estableceuse pola súa conta neste local, cando pechou o bar que o ocupaba.

Permiso para arreglos. 1965

26  AUTOCARES RODRÍGUEZ

Na década dos trinta, JOSÉ ANDRÉS RODRÍGUEZ, coñecido como “O Rebusco”, prosegue a tradición familiar creando a súa propia empresa de transporte para feiras. https://www.autocaresrodriguez.es/

Andrés Rodríguez “O Rebusco”, en el centro

Coa súa esposa MARIA PEREIRA CABO tivo catro fillos: Maruja, Isabel, Camilo e Andrés

María con sus hijas Isabel y Maruja
Camilo, (…), Abraldes, Cholas Campinas, Godoy, Paco “Virola”
Isabel y Maruja, hijas de Andrés.

 Fue CAMILO el continuador de la empresa.

Camilo, hijo y continuador de la empresa.

O axudante, encargado de subir e baixar os bultos, era Juan Morales, coñecido como “ JUANILLO”, pai de “A Chata”, do quiosco de xornais.

“Juanillo” en la ventanilla abierta.
Actuales cocheras en Partovia

27  XAMONEIRO «PITUXO»

O propietario do almacén de xamóns era JOSÉ NÓVOA ROMERO, coñecido por “Pepe Pituxo”, casado con PURITA JUNCO.

Pepe “Pituxo” con el grupo fundador de “Los Liborianos”
Enterro da nai de Pepe, pasando diante do almacén de xamóns

28   TAXI FUMEGA

Dedicouse desde mozo ao transporte. Cando vendeu o vehículo de feiras co que traballaba, JUAN FUMEGA PÉREZ adquiriu dúas licenzas municipais de taxi. No ano 1953, trouxo para o Carballiño o primeiro Seat. Dos seus fillos, Juan e José Manuel, foi este último o que colleu a substitución do seu pai.

         “Su cochera, en el bajo de su domicilio, fue en diversas ocasiones sala de nuestros guateques.” ( Nota de Santiago Cacho )

Juan Fumega, Rúa, Toño Cerdeira, Tomasín

29   BICICLETAS CARRAL

O mecánico e dono do taller de bicicletas era ANDRÉS CARRAL.

Permiso para rótulo. 1964

Cando a súa esposa herdou dos seus pais, os donos de Carrocerías Pedrouzo, unha leira en Rapariz, na Avenida de Compostela, Andrés trasladou alí as súas instalacións.


30   TALLER GONZÁLEZ – CARBALLO

Os profesionais do ramo que atendían o taller eran cuñados; DELIO GONZÁLEZ e VALENTÍN CARBALLO.


32   MADERAS CARBALLIDO

O propietario da fábrica de madeiras, JOSÉ CARBALLIDO MARTÍNEZ, tivo tres fillos. Dous deles, Amancio e Abel seguiron os pasos do seu pai. José puxo unha tenda de tecidos en T. M.ª Mosquera.


Permiso para amurallar la finca.1962

A empresa tiña tamén un depósito na Estrada de Astureses.

Permiso oficial por actividades molestas, 1962
Permiso para levantar un almacén. Febrero, 1963
Permiso para construir un galpón. Octubre, 1963
Permiso para ampliación. 1964

33   TRANSPORTES CAPIRO

CESÁREO LÓPEZ CORRAL, familiarmente coñecido como “ CAPIRO” foi durante moito tempo o transportista encargado de traer a Carballiño da estación de Barbantes, entre outros artigos, o pulpo para abastecer aos pulpeiros de Arcos.

Permiso de obra en la calle Cerca. 1965

 35 ZAPATERO PACO

O profesional do ramo era FRANCISCO LORENZO FERNÁNDEZ.

Permiso para construir. 1957

Permiso para rótulo. 1962

38   TALLER FONDADO

O propietario deste taller dedicado en especial a reparacións eléctricas da industria era JOSÉ FONDADO CASTRO, con domicilio na rúa Aldara e casado con DOLORES PIÑEIRO GONZÁLEZ, irmá dos propietarios de Carrocerías Piñeiro.

Revista Ambiente, 1954

O matrimonio tivo 4 fillos: José Avelino, Mari Carmen, Ana María e Teresa..

José Fondado, con el número tres. Falleció muy joven.
Faro de Vigo. 1961
Solicitud de apertura oficial, 1963.

40   TALLER ELECTRICO PAULA

Nun principio, o taller de reparación de ALBERTO PÉREZ PAULA era un taller eléctrico. Logo, cando colleu a representación do Simca, converteuse en taller mecánico xeneral e trasladouse á rúa Otero Pedrayo.

Permiso para rótulo. 1966

  OFICINA DE CORREOS

A oficina de Correos mantívose neste edificio durante anos, ata que se trasladou á Alameda. Xa, durante toda esa época, o carteiro máis coñecido era o señor Calviño.

Calviño con Otero Pedrayo

41 MATERIALES SUBITA

A tenda e o despacho atopábanse no 24 da rúa Aldara.

Permiso para cerrar el solar destinado a depósito de materiales. 1965

47 CONCESIONARIO SEAT

Este taller-concesionario de SEAT foi froito da asociación de JOSÉ LUIS MONTES TORRADO, de CESÁREO SUÁREZ LORENZO, o técnico na materia, e de MANUEL VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, dono do concesionario de Ourense.

No seu momento, tomou a substitución a firma JOSUMA, cuxos membros eran JOSÉ MANUEL MOSQUERA VÁZQUEZ, JOSÉ BENITO MOSQUERA VÁZQUEZ e ADOLFO VILLANUEVA.


53   CARROCERÍAS PIÑEIRO

As Carrocerías Piñeiro era a industria do sector máis importante do pobo, cun amplo persoal de obreiros.

Estaban a cargo dela dous irmáns, cuñados de Fondado e de Maneiro: AMANCIO PIÑEIRO ALBERTE encargábase da xestión e do taller; ETELVINO era o especialista da pintura.

No seu momento, tomou o relevo SUSO, fillo de Amancio.

        La familia vivía en General Mola (Curros Enríquez) 

Permiso de obra. 1961

56   BEBIDAS PEREIRA “RAN”

Os PEREIRA PÉREZ, coñecidos no pobo polo alcume de “Os Ran” vivían no número 35 de Tomás María Mosquera. Dos 5 irmáns, Domitila e Conchita, Marujita, Pepito e Eduardo, eran os homes os que se ocupaban do negocio, en especial Eduardo.

Revista Ambiente, 1955

Eduardo Pereira “Ran” con amigos en el patio del Celia
Permiso para construir viviendas en la parte frontal de la fábrica. 1961

58  ESTACIÓN de SERVICIO PITEIRA

Cando don Cesáreo Sobrino deixoulles o negocio de repostos do automóbil e distribución de carburantes aos seus xenros, Luís Pardo e Andrés Piteira, estes fixeron construír unha estación de servizo no terreo da estrada de Ourense, onde Piteira tiña a curtiduría. Posteriormente, Luís Pardo quedou co comercio de repostos e Andrés Piteira, coa estación de servizo. Dita estación entrou en funcionamento no verán de 1961.

Permiso de obra. 1960
Los hermanos Andrés y José Piteira Fernández
Permiso municipal de funcionamiento. 1961

CURTIDURÍA PITEIRA

Nesta curtiduría con fortes cheiros a tanino, a beiras do regato do Varón ( Carrás), curtían os irmáns Piteira as peles que comercializaban no seu comercio de curtidos da rúa General Mola, onde confeccionaban calzado da súa propia creación.

Ademais das peles do matadoiro municipal, Andrés recollía tamén as dos pobos dos arredores. En 1962, este redactor acompañouno en repetidas ocasións en tal mester, que levaba a cabo cunha furgoneta, creo que un Renault 4.

Per5miso para trabajos de rehabilitación. 1960

Unha vez tratadas, había que estirar e secar as peles, para o que Andrés recorría a operarios autónomos.

Acometida denegada. 1965

59   MADERAS FRAGUAS

A fábrica de madeiras Manuel FRAGUAS foi unha das industrias madeireiras máis antigas e prestixiosas do Carballiño.

El complejo de la fábrica visto desde la estación de servicio Piteira. 1961

Albarán de 1919 para “Higinio da Lebre”

Permiso acordado a FENOSA para construir caseta de transformador en terreno de Fraguas. 1962


AGRADECEMENTOS

En memoria dos membros da rondalla e do grupo de música “Los Poker” que faleceron e en nome dos vivos, a maioría con domicilio fóra das Terras do Orcellón, Cacho agradece a BADAL NOVAS a súa iniciativa para dar a coñecer a curta aventura daqueles mozos que viviron no Carballiño nos anos sesenta e lembrar aos seus coetáneos.

Santiago Cacho e Manuel Amil

BADAL NOVAS únese tamén ao agradecemento de Cacho por aqueles que coas súas publicacións de álbumes fotográficos facilitaron a redacción do seu blog e do que nos ocupa:

Pola nosa banda, BADAL NOVAS agradece as fotos e informacións achegadas polos familiares dos concidadáns citados no blog, os documentos gráficos facilitados por MONCHO FUENTES

Moncho Fuentes

e, sobre todo, os achegados polo traballo escolar sobre Carballiño, dirixido polo profesor JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO.

Grupo de Diseño ( 3º BUP Medición e Urbanismo ) do IES Nº1 . Profesor Juan Valcarcel



Se alguien quere colaborar con fotos ou documentos para enriquecer esta publicación, asi como correxir posibles erros pode facelo a través do mail info@badalnovas.com


Manuel Amil Otero. febreiro de 2024