A corporación do concello do Carballiño reunirase na sesión plenaria correspondente ao mes de febreiro o vindeiro xoves, 7 de marzo. Entre os puntos da orde do día, o Bloque Nacionalista presenta unha moción enfocada no mesmo obxectivo que a presentada por Espazo Común: na xuventude.
Sofía García pide un espazo para a mocidade, para actividades e servizos, salas de reunións, informática, un local de ensaio entre outros servizos. Queren con isto promover un ocio saudable para os mozos.
O BNG pide que nun prazo de entre seis meses e un ano se leve a cabo esta iniciativa, aínda que non sexa unha ubicación definitiva.