O mosteiro budista de San Amaro comezará a recuperación despois do incendio de onte

O mosteiro budista Chu Sup Tsang de San Amaro sufriu na tarde de onte un importante incendio que destruíu a súa estrutura.  Segundo informaron fontes dos servizos de emerxencias galegos, sobre as 16.00 horas da tarde deste martes comezaba a estenderse un lume pola estrutura de madeira do edificio. Segundo informa, foi a Garda Civil quen avisou ao 112, tras ser alertado por un particular da situación.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do Carballiño e os efectivos de Protección Civil do Carballiño, quen informaron, sobre as 18.00 horas, que seguían traballando no lugar do incendio.

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha ducia de monxes conforman a comunidade budista situada na zona de Ventoselo, aínda que no momento dos feitos non se atopaba ningún deles no seu interior. A pesar da súa intervención, o edificio principal non se salvou, pero as lapas foron contidas e non afectaron ao edificio contiguo, nin á zona utilizada para retiros e meditación. A comunidade relixiosa levaba en San Amaro dende o ano 2009, sendo un referente en Galicia.