A Deputación destina 374.000 euros á cooperación con concellos da provincia para a realización de diversas obras e melloras

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, na súa sesión ordinaria desta semana, vén de aprobar un total 373.887,45 euros destinados a cooperar cos concellos da provincia para a realización de diversas obras.

Así, o Concello de A Teixeira recibirá 45.626,92 euros para a execución da obra da rede de abastecemento en Valilongo. No que respecta a Pobra de Trives, a achega aprobada é de 48.000 euros para a construción dunha pista de pádel. De 50.000 euros é a axuda que percibirá o Concello de Montederramo para a mellora de núcleos municipais. Para a execución do peche frontal da vivenda de conserxe do CEIP de Luíntra a axuda ao Concello de Nogueira de Ramuín será de 14.000 euros, así como outra de 18.147,85 euros para un parque infantil en Lourenro. Para a reconstrución da ponte da Barxa sobre o río Xares a axuda para o Concello de O Bolo será de 7.865 euros. O Concello de Pereiro de Aguiar recibirá 20.000 euros para actuación de eficiencia enerxética e loita contra o cambio climático. Para o cofinanciamento de subvencións concedidas en 2023, o Concello de Riós obterá 84.802,11 euros. No que atinxe ao Concello de A Mezquita, concédeselle unha achega de 39.996,31 euros para a mellora da eficiencia enerxética no edificio multiusos, iluminación e fachadas. Ademais, a Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Conso Frieiras percibirá 45.445,57 euros de axuda provincial para a adecuación de instalacións de iluminación pública.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por último, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda para a Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense, por un importe de 5.000 euros, para a realización de actividades culturais e recreativas durante o presente ano 2024.