Espazo Común alerta do abandono do Punto Limpo Móbil dende fai tres meses en Pol de Piteira

A formación de Espazo Común alerta do estado de abandono do punto limpo móbil dende fai tres meses nun dos pobos da contorna. A queixa foi transmitida a través do seguinte comunicado:

“Está a piques de facer un ano, en vésperas das eleccións municipais, o alcalde Fumega e algúns concelleiros máis do seu goberno, presentaban a bombo e pratiño unha nova adquisición para o inventario municipal de equipamento: un punto limpo móbil.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este, segundo anunciaban, iría rotando cada luns de parroquia en parroquia para facilitar aos veciños do rural a recollida selectiva dos seus residuos.

A inversión foi de 72.600 € e a idea, a priori moi atinada, rematou sendo unha “fumegada” máis.

O contedor ou punto limpo móbil comezou a súa andaina segundo o comprometido pero apenas uns meses despois, o seu periplo dos luns quedou no esquecememto e leva xa máis de 3 meses “aparcado” nun lado da estrada a carón do local social de Pol de Piteira.

O proxecto de apoio aos veciños do rural durou pouco máis que o que tardaron en pasar as eleccións municipais e o punto limpo móbil pasou a ser un elemento inmóbil, inerte.

72.600 € dos cartos de tódolos cidadáns deste pobo guindados ao lixo nunha triste metáfora da realidade do pobo do Carballiño. Segue adiante a política na que se especializou Fumega: boas palabras, moitas promesas, moita foto na prensa, sí a todo, infinidas excusas, escaso traballo e ningunha acción de relevancia.

Namentres as arcas do Concello vanse baleirando e o sexteto que nos goberna segue a cobrar os seus soldos móvase ou non se mova o punto limpo móbil”.