O Carballiño celebra este venres o acto polo Día da Muller Traballadora

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o departamento de Igualdade do concello do Carballiño presentaron esta mañá a súa proposta de cartaz para conmemorar o 8M, Día da Muller Traballadora  e tamén as actividades que levarán a cabo. O acto institucional será o venres día 8, no salón de plenos, ca participación dos diferentes colectivos, como os centros educativos, Bo Día Familia, ASPADISI, ASDIFICA, Asociacións de Mulleres e Cruz Vermella.

Para o sábado, día 11, programan unha representación teatral sobre a igualdade a cargo da compañía A Panadaría. A concelleira destacou que ao longo do ano celébranse numerosas actividades sobre todo destinadas aos centros educativos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO